Compartir:
0

CONCELLO E VENDEDORAS DE VERDURA POÑEN EN COMÚN PROPOSTAS E IDEAS PARA DINAMIZAR A ACTIVIDADE DA PRAZA

O alcalde e os edís de Promoción Económica e Urbanismo recibiron esta mañá a unha representación do colectivo

Informouse sobre as melloras que se van a realizar na nave da verdura e falouse da posibilidade de ampliar días e horarios de venta nesta zona

Os representantes do Concello de Vilagarcía e o colectivo de vendedoras de verdura da Praza de
Abastos mantiveron esta mañá unha xuntanza co obxectivo de poñer en común ideas e propostas a desenvolver a curto e medio prazo a efectos de dinamizar a actividade do mercado público. Entre outros aspectos, falouse dos traballos de mellora de imaxe que o Concello ten previsto realizar na nave da verdura, así como da posibilidade `planteada polo colectivo, de ampliar os horarios e días de venta deste tipo de produtos.

O alcalde, Alberto Varela, presidiu a reunión na que por parte do goberno local participaron tamén o concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón, e a edil de Urbanismo, Paola María Mochales. O colectivo de vendedoras de verduras e hortalizas estivo representado por catro comerciantes con posto na praza e polo seu avogado e portavoz.

Tanto o goberno local como as vendedoras coinciden na necesidade de realizar diferente tipo de actuacións tendentes a atraer clientela e dinamizar a actividade comercial no mercado público; medidas que pasan tanto pola mellora das instalacións como pola modernización dos métodos de venta e adaptación ás necesidades da demanda.

A pregunta da asociación e dadas as dúbidas existentes ante a intención do anterior goberno do PP de derribar o pavillón no que se emprazan as vendedoras de verdura, o executivo socialista reiterou que o seu propósito non se limita unicamente a manter en pé a instalación, se non que o que pretende é realizar nel unha serie de reformas menores que melloren a súa imaxe e os servizos que se prestan. Neste punto, lembraron que no Pleno da semana pasada aprobouse a modificación de crédito necesaria para completar a subvención concedida pola Xunta de Galicia para levar a cabo as obras cuxo investimento ascende a 80.000 euros.

Os traballos realizaranse nos próximos meses, polo que as instalacións presentarían un estado remozado en 2016, ano no que se cumpren 50 anos da construción do pavillón e data que o colectivo pretende conmemorar coa realización de diversas actividades.

O colectivo tamén expuxo o interese dalgúns dos seus membros de ampliar os días de apertura ao público da praza da verdura, que actualmente so funciona os martes e sábados, coincidindo co mercado.

O goberno local comprometeuse a manter reunións periódicas co colectivo a efectos de informarlles das actuacións a realizar e para ir avanzando na posta en marcha de novas medidas.

Publicar un comentario Disqus

 
Top