Compartir:
0

CURSOS DA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENÍL E VOLUNTARIADO DE CAMBADOS 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil e Voluntariado (OMIX) do Concello de Cambados informa da posta en marcha dunha serie de cursos para o verán de 2016, para os cales xa está aberto o prazo de inscrición. Os cursos son os seguintes:

Coidados, dependencia:

• Duración: 30 horas
• Data: do 13 ao 22 de xuño
• Horario: de 9:30 a 13:30 h

Bulling. Detección e prevención do acoso escolar:
• Duración:12 h
• Datas: 21-22- 23 de xuño
• Horario : de 9:30 a 13:30 h

Habilidades sociais:
• Duración: 12 h
• Datas: 14-15- 16 de xuño
• Horario: de 9:30 a 13:30 h

Monitor de tempo libre:
• Duración: 200 h teóricas / 150 prácticas (curso oficial da Xunta de Galicia)
• Datas: do 19 de xullo ao 2 de setembro
• Prezo: 190€ + descoto Carné Xove

Ademáis, están previstos para setembro os seguintes cursos:

• Monográfico de Xogos en Igualdade
• Monográfico de Xogos Xerontolóxicos

Para anotarse nos cursos ou recibir información sobre os mesmos, as persoas interesadas deberán dirixirse á OMIX, no centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña S/N) ou chamar aos números de teléfono 986542663 – 673533331 de luns a venres de 9:30 a 14:30. Tamén a través da dirección de e-mail omix@cambados.es


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top