Rastriño Anpa Os Mecos para nenos con autismo do centro BATA

Véndese artigos de segunda man de todo tipo doados polos propios pais e particulares

Sortearán unha cesta con produtos alimenticios de Nadal entre os clientes do rastriño

A Asociación Os Mecos, composta por nais e pais de alumnos do centro BATA organizan un rastriño benéfico co obxectivo de recadar fondos cos que contribuír ao financiamento das actividades extraescolares para os usuarios do centro de atención a nenos con autismo e outros transtornos do comportamento . No mercadiño solidario que se instalará durante toda a fin de semana poranse á venta todo tipo de obxectos de segunda man doados polas propias familias e por particulares.

No rastriño benéfico dos Mecos poderanse atopar roupa, cadros, obxectos de decoración, menaxe do fogar e bisutería e complementos entre outras cousas. Toda a recadación que se obteña a través das ventas destinarase a pagar as actividades extraescolares que desenvolven os nenos con autismo usuarios do centro de BATA e que forman parte do tratamento que reciben os alumnos de cara a súa integración e socialización. Son, saídas á comunidade, clases de natación, pintura e hípica e actividades de psicomotricidade, entre outras.

O rastriño estará aberto os días 21, 22 e 23 de decembro en horario de 10 a 14 horas pola mañá e de 16 a 21 horas pola tarde. A entrada é libre e de balde, polo que calquera persoa que o desexe pode visitalo. Por cada compra realizada, os clientes recibirán unhas rifas para participar no sorteo dunha cesta con produtos alimenticios de Nadal o último día do mercadiño. Para a confección desta cesta, Os Mecos contaron coa colaboración de formas como Montiño, os Peperetes, Eroski, Carrefour e Grupo Ifa, que doaron os produtos que a compoñen. O colectivo organizador tamén conta coa colaboración de gas Galicia e do Concello de Vilagarcía para a realización deste rastrillo.
Me parece:
[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget