Concentración de padres en el CEIP Arealonga por falta de profesorado



Carta de los padres de las aulas sin tutor del CEIP Arealonga:

ALUMNAS E ALUMNOS DO CEIP AREALONGA, SEN PROFESOR ASIGNADO PARA ESTE CURSO

O 11 de setembro comezou o curso escolar en educación infantil e primaria en Galicia pero nun colexio de Vilagarcía, as nais e os pais atopáronse con que as súas fillas e fillos non teñen docente asignado aínda para este curso. De momento, optaron por dirixirse á Consellería de Educación solicitando un titor para estas alumnas alumnos.

Vilagarcía de Arousa, 16 de setembro do 2013 – As nais e os pais das alumnas e dos alumnos de Primaria Arealonga de Vilagarcía solicitan unha titora ou titor para os seus fillos, quen non teñen docente asignado ao comezo de curso.

Segundo explican, os pais destes nenos decidiron dirixirse directamente á Consellería de Educación para conseguir que se adxudique unha profesora ou profesor, xa que "Non sabemos canto tempo pode prolongarse esta situación, pero está claro isto afectaría claramente ao desenvolvemento pedagóxico dos nosos fillos", sinalan os afectados.
Por último, consideran que "a falla de profesores" é "unha grave falta de previsión", polo que esperan "unha solución inmediata".

Actualización 15h: 
LLOVO COMUNICA AOS PAIS E NAIS DO AREALONGA QUE UNHA MAESTRA INCORPORARASE MAÑÁ Á PLANTILLA DO COLEXIO

A concelleira chamou e ao Xefe Territorial de Educación para abordar a problemática do centro, comunicándolle este que o nomeamento realizaríase hoxe mesmo

Vilagarcía, 17 de setembro de 2013.- A concelleira de Educación, Rocío Llovo, comunicou a primeira hora da tarde de hoxe aos pais e nais do colexio Arealonga que unha nova profesora se incorporará mañá ao centro para cubrir a vacante consecuencia dunha xubilación. Llovo, que xa fixera xestións previas ante a Inspección da Xunta de Galicia a primeira hora da mañá, tamén recibiu ao grupo de pais dos alumnos dunha clase de primeiro curso de Primaria, aos que lles explicou que xa se interesada polo asunto ante os responsables da Consellería de Educación e que hoxe mesmo esperaba recibir unha resposta.

Esta chegou ás dúas da tarde, cando o Xefe Territorial lle confirmou á edil que xa se tiña realizado o nomeamento dunha nova profesora que mañá se incorporaría ao centro para facerse cargo da clase de Primeiro. Tal como se comprometera, a edil contactou de inmediato cos representantes dos pais para comunicarlles a noticia.
Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget