A Concellería de Cultura destina 6.000 euros aos premios do Entroido 2014 (Concello Vilagarcía)

A CONCELLERÍA DE CULTURA DESTINA 6.000 EUROS AOS PREMIOS DO ENTROIDO 2014


Cada unha das dez comparsas que participen no Festival do Auditorio recibirán 300 euros

O Desfile de Disfraces e Carrozas establece 12 premios para as categorías infantil e de adultos

As bases de ambos certames pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es


Vilagarcía, 8 de febreiro de 2014.- A Concellería de Cultura xa ten preparada a programación para celebrar o Entroido 2014 que este ano cae na primeira semana do mes de marzo. O departamento que dirixe Rocío Llovo destina 5.950 euros aos premios e achegas que se repartirán entre as persoas que participen os dous actos principais que organiza o Concello: O Festival de Comparsas e o desfile de Carrozas e Disfraces. As bases de ámbolos dous certames pódense consultar na web municipal www.vilagarcia.es

Vilagarcía abrirá o Entroido co tradicional Festival de Comparsas que terá lugar o Domingo de Entroido, o 2 de marzo, a partir das 17:00 horas no Auditorio Municipal. O Certame de Vilagarcía non ten carácter competitivo. Como contrapartida, a Concellería de Cultura entregará 300 euros a cada unha das comparsas que participen no evento e cumpran todos os requisitos establecidos nas bases, entre eles que cada agrupación conte cun mínimo de 25 membros e que a duración de cada actuación dure entre 10 a 15 minutos. As agrupacións que desexen participar no festival deberán inscribirse a partir do 19 de febreiro na Concellería de Cultura (sita no Auditorio), en horario de 9 a 14 horas. O número máximo de comparsas a admitir é de 10.

O Desfile de Carrozas e Disfraces celebrarase o 4 de marzo, Martes de Entroido. A Concellería de Cultura estableceu un total de 12 premios (seis para a categoría de adultos e outros seis para a infantil) dotados coa suma total de 2.950 euros.

Na categoría de adultos establécense seis premios nas modalidades, tres na modalidade de grupos (de 600, 400 e 300 euros) e un número similar para os tres mellores disfraces individuais e de parellas (de 250, 200 e 100 euros).


Na categoría infantil (ata 14 anos) tamén se concederán seis premios. No apartado de grupos estabécese un primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo con 200 e o terceiro con 150; mentres que na modalidade que reúne disfraces individuais e de parellas, os premios serán de 200, 150 e 100 euros.

Entre os criterios que terá en conta o xurado á hora de emitir o seu fallo atópanse ademais da orixinalidade, laboriosidade e espectacularidade dos disfraces, aspectos como a animación, espontaneidade, interpretación e ambientación musical. Estes criterios veñen recollidos nas bases que rexerán o desfile concurso e nas que se establece outros aspectos a ter en conta como a prohibición de participar con animais vivos ou a obriga de realizar o percorrido completo (para o cal se establecerán controis en distintos tramos). Ademais, os grupos que participen cun vehículo, carroza ou artefacto de grandes dimensións deberán notificalo previamente á Concellería, a efectos de organizar a saída e disposición dos mesmos. O xurado estará composto por persoas relacionadas coa música e a cultura, xornalistas e os premios poderán quedar desertos se así o estima o xurado.

O prazo de inscrición para anotarse no desfile Concurso de Carrozas e Disfraces ábrese o 21 de febreiro e péchase o mesmo día do desfile, martes 4 de marzo. As inscricións deben realizarse nas dependencias da Concellería de Cultura en horario de 9 a 14 horas, excepto o último días, no que se pechará o prazo ás 12:00 horas




LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget