A Fundación probará a marcar con pintura os campos de herba natural

A FUNDACIÓN PROBARÁ A MARCAR CON PINTURA OS CAMPOS DE HERBA NATURAL

Estudan solicitar á Federación que envíe un perito para concretar as causas das lesións e buscar a mellor solución dado que déronse casos similares noutros campos galegos

Hoxe comezaron as labores de retirada e limpeza da cal do campo de Fontecarmoa

Os Ingleses están xestionando o aprazamento ou traslado dos dous partidos que teñen esta fin de semana e Arosa e Arousana non xogan na casa ata a seguinte xornada

Federación e clubs coordinarán os posibles cambios de horarios a realizar nos adestramentos para acomodalos á dispoñibilidade de instalacións

Vilagarcía, 11 de febreiro de 2014.- A Fundación Municipal de Deportes decidiu realizar a proba de marcar con pintura os campos de herba natural de Fontecarmoa e A Lomba despois de que os indicios existentes ata o momento apunten ao exceso de cal usado para sinalizar as liñas do terreo de xogo como a posible causa das abrasións sufridas por algúns xogadores de Os Ingleses e Arosa. Independentemente diso, a presidenta da Fundación constatou coa Federación Galega de Fútbol que se teñen dado casos similares noutros campos galegos, polo que valórase a posibilidade de solicitar os servizos dun perito do organismo para que inspeccione os campos.

Namentres non se corroboran as causas das lesións e se adoptan solucións ás mesmas, a Fundación adoptou unha serie de medidas para axilizar ao máximo a reapertura dos campos clausurados temporalmente como medida de precaución. A primeira é a retirada e limpeza da cal utilizada para marcar as liñas dos terreos de xogo. Os traballos comezaron esta mesma mañá no campo de Fontecarmoa. Dado que Os Ingleses teñen programados dous partidos oficiais neste campo para esta fin de semana, o club comunicou á Fundación que está xestionando coa Federación de Rugby a posibilidade dun aprazamento ou traslado. Como nin o Arosa nin a Arousana xogan na casa ata a seguinte xornada, a Fundación conta con máis marxe para actuar na Lomba, campo que espera que poida visitar un perito da Federación antes de proceder á retirada da cal.

A presidenta da Fundación e concelleira de deportes, Elena Suárez, pretende que a problemática se solucione de forma definitiva coa maior brevidade. De cara á celebración dos próximos partidos oficiais, a concelleira explicou que os campos marcaranse con pintura. Esta medida adóptase a modo de proba para ver a resposta deste material en días de choivas intensas que non permiten o seu secado.

Entre tanto, o organismo que preside Elena Suárez, coordinará cos tres clubs afectados os posibles cambios de horarios que deberán realizar nos adestramentos das súas respectivas categorías para que os seus equipos sénior poidan acomodar as súas sesións á dispoñibilidade das instalacións municipais. Cómpre lembrar que, aparte dos campos nos que xogan os partidos oficiais (A Lomba e Fontecarmoa) os tres clubs teñen asignados diferentes campos municipais para adestrar cos seus equipos sénior e de categorías inferiores.

Por outro lado, os xogadores lesionados dos Ingleses evolucionan favorablemente, segundo lle comunicou a directiva do club á presidenta da Fundación que se mantén en contacto diario cos mesmos para interesarse polo estado dos deportistas.

LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget