A Policía intensificará a vixilancia en Vista Alegre tras detectar a circulación de numerosos vehículos polas zonas peonís

Os incumprimentos poñen en risco aos peóns nunha zona de acceso escolar, provocan problemas de tráfico no enlace con López Cuevillas e danan o pavimento

A sanción por circular por zona peonil ascende a 200 euros

Vilagarcía, 11 de febreiro de 2014.- A circulación de vehículos polos tramos peonís de Vista Alegre está a crear un grave problema de seguridade viaria para as persoas que transitan a pé pola zona. O paso de coches polas zonas prohibidas é cada vez máis frecuente pese ás sinalizacións e advertencias, de aí que o Concelleiro de Seguridade Cidadá, anunciase que a Policía Local intensificará a vixilancia para garantir que se cumpren as normas e se garante a seguridade dos peóns, sobre todo tendo en conta que se trata dunha zona altamente frecuentada por nenos e nenas e entran en saen do colexio Filipense.

Segundo as numerosas queixas veciñais, e tamén polo que se puido comprobar, os incumprimentos da norma de circulación xa non son casos puntuais, senón que se están a converter nunha práctica habitual e numerosa, sobre todo ás horas de entrada e saída do colexio e tanto dende Casteao como dende o cruce de López Cuevillas.

Esta circunstancia supón un grave risco de atropelo e tamén de accidentes debido ás complicadas manobras que os vehículos teñen que realizar para xirar no tramo de vía sen saída que vai entre López Cuevillas e o colexio. Cómpre lembrar que hai máis dun ano que o Concello peatonalizou este traxecto para evitar estes problemas e garantir a seguridade dos nenos e nenas. Aínda que ao principio se respectou a prohibición, nos últimos meses cada vez é máis frecuente o acceso de vehículos ata case a porta do centro, tanto por este lado como dende Castelao.

O concelleiro, fai un chamamento a todos os condutores, e moi especialmente aos propios pais dos alumnos do colexio, para que respecten as zonas peonís pola propia seguridade dos seus fillos. O responsable de Seguridade Cidadá apela á responsabilidade das familias e lembra que tanto por un lado de Vista Alegre como polo outro, os vehículos poden deixar aos nenos a escasos 50 metros da porta do colexio sen necesidade de meterse na zona peonil, distancia que se cobre a pé nun minuto escaso. Aínda que esta é a cuestión que máis preocupa ao goberno, Pérez Dorgambide, lembra ademais que o paso de coches polas zonas peonís tamén dana gravemente o pavimento.

A Policía Local aumentará a súa presencia na zona nas horas especialmente conflitivas para garantir a integridade dos peóns e que se cumpra a normativa de circulación. As sancións por incumprimento da prohibición de circular por zona peonil ascende a 200 euros.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget