Aberto o prazo de inscrición nos cursos de galego preparatorios para as probas do CELGA


ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DE GALEGO PREPARATORIOS PARA AS PROBAS DO CELGA


Os interesados poden anotarse ata o 24 de febreiro no departamento de Normalización do Concello

Vilagarcía, 11 de febreiro de 2014.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de lingua galega que vén de convocar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o ano 2014. Nestes cursos, o alumnado recibirá a preparación necesaria para realizar os exames para a obtención dos títulos homologados noas catro niveis CELGA. O prazo de inscrición remata o luns, 24 de febreiro.

As persoas interesadas en asistir aos cursos preparatorios deben dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello, sito na zona de Secretaría Xeral do segundo andar, para realizar a inscrición, en horario de 8 a 14 horas. Tamén alí poderán informarse sobre cuestións como o comezo das clases, o lugar de celebración, o calendario de exames, taxas de matrícula para a realización das probas Celga... Para a inscrición será necesario presentar o DNI.

Os cursos ofertados pola Consellería serven para preparar os niveis do Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 e están dirixidos a adultos.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget