Cincuenta persoas velarán pola seguridade no Vilagarcía Sound Festival para que os asistentes poidan gozar da festa dance

CINCUENTA PERSOAS VELARÁN POLA SEGURIDADE NO VILAGARCÍA SOUND FESTIVAL PARA QUE OS ASISTENTES POIDAN GOZAR DA FESTA DANCE

Responsables municipais, da promotora, policías Local, Nacional e Autonómica, Emerxencias e responsables das empresas da seguridade privada e de sanitaria participaron na reunión

Analizouse o Plan Especial de Seguridade do Evento e coordináronse actuacións

Trátase do procedemento habitual que se segue para a celebración de calquera evento de concentración de masas


Vilagarcía, 11 de febreiro de 2014.- O Concello acolleu este mediodía a segunda reunión de seguridade para a celebración do Vilagarcía Sound Festival. Responsables municipais, da empresa promotora, membros das policías Local, Nacional e Autonómica, responsable de Emerxencias, e representantes das empresas privadas de seguridade e atención sanitaria participaron na reunión de traballo na que se abordaron todos os aspectos incluídos no Plan Especial de Seguridade do Evento para garantir o normal desenvolvemento do mesmo e que os asistentes gocen da festa dance que se celebrará o venres, 21 de febreiro en Fexdega.

Unhas cincuenta persoas velarán pola seguridade no evento, tanto no exterior como no interior do pavillón feiral. Efectivos dos tres corpos policiais, seguridade privada, membros do servizo de Emerxencias e Protección Civil e equipo sanitario conforman o operativo especial deseñado para este evento.

O Plan Especial de Seguridade do Evento recolle todos os aspectos que é preciso prever para garantir a seguridade e integridade dos asistentes, así como para actuar con solvencia e eficacia en caso de que se puidera chegar a producir calquera imprevisto. Trátase dunha medida de carácter ordinario que se realiza para a celebración de calquera evento ou espectáculo no que se se prevé unha asistencia masiva de persoas, como concertos, ou eventos deportivos.

Os asistentes á reunión deste mediodía analizaron aspectos recollidos no documento, como o número, emprazamento e medios a dispor nos diferentes controis de acceso ao recinto; as vías de acceso e evacuación; os perímetros de seguridade, acceso e saída de vehículos de emerxencias. Ademais, comprobouse a documentación relativa ás inspeccións dos sistemas de seguridade e anti incendios dispoñibles no recinto, emprazamento e funcionamento das bocas de incendios, número, disposición e estado dos extintores, etc...

O equipo de traballo, que estivo presidido pola tenente de alcalde, Elena Suárez, e o edil de Seguridade Cidadá, Benito Pérez Dorgambide; tamén acordou que non se poderá acceder ao recinto feiral (á zona exterior) de Fexdega sen entrada nin tampouco en posesión de comida ou bebidas. O evento contará cun hospital de campaña dotado de médico, persoal sanitario e auxiliares ademais de dúas ambulancias.

LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget