Praceiros Zona Aberta e Ahituvi consensuarán os días de celebración do mercadillo cando este caia e festivo

PRACEIROS ZONA ABERTA E AHITUVI CONSENSUARÁN OS DÍAS DE CELEBRACIÓN DO MERCADILLO CANDO ESTE CAIA E FESTIVO

O Concello impulsará a reunión tal como se acordou na mesa Local de Comercio celebrada hoxe

O órgano consultivo tamén elaborará un documento en apoio ao pequeno comercio fronte ás grandes superficies comerciais


Vilagarcía, 10 de febreiro de 2014.- O alcalde, Tomás Fole, presidiu esta mañá unha reunión da Mesa Local de Comercio na que, entre outros asuntos, se acordou que o Concello impulsará unha reunión entre o colectivo de Praceiros, Zona Aberta e Ahituvi co obxecto de que consensúen as aperturas en festivos así como as datas de traslado ou celebración do mercado ambulante cando este caia en días festivos. Na reunión tamén se falou da defensa do pequeno comecio fronte ás grandes superficies comerciais e se informaron favorablemente as propostas de solicitude de subvencións presentadas por Zona Aberta e Praceiros á Xunta de Galicia para a realización de actividades e campañas ao longo de 2014.

Co reunión a tres bandas entre comerciantes da Praza, Zona Aberta e o colectivo de hostateiros preténdese evitar conflitos como o xurdido o pasado sábado 12 de outubro cando Zona Aberta criticou a decisión da Asociación de comerciantes da Praza de Abastos e Aledaños de abrir e celebrar o mercado ambulante aproveitando que se trataba duns dos festivos anuais que a Xunta permitía abrir ao comercio. Dado que se trata dunha media que tamén repercute no sector hostaleiro, tamén será convocado Ahituvi, ao encontro no que consensuarán o calendario de apertura en festivos.

Como no caso anterior, no apartado de rogos e preguntas, na Mesa Local de Comercio tamén se debateu sobre as grandes superficies comerciais. Dada a lexislación de rango autonómico existente neste aspecto e que regula a implantación en Galicia de áreas comerciais, a Mesa acordou elaborar un manifesto de apoio ao pequeno comercio local, na liña das actuacións de defensa e permanente colaboración que o Concello ven amosando en todas as actividades, campañas e iniciativas que desenvolve o pequeno comercio en Vilagarcía tanto por parte do actual goberno como dos anteriores.

Ademais do alcalde, Tomás Fole, participaron na Mesa Local de Comercio representantes do Centro Comercial Aberto Zona Aberta, da asociación de Praceiros da Praza de Abastos, do Centro Comercial Arousa, e da Asociación de Consumidoras e Amas de Casa o Noso Lar. Pola parte política, asistiron tamén como vogais, o concelleiro de Promoción Económica, Manuel Tarrío, e os representantes de PSOE e BNG, así como un representante da Consellería de Industria e Comercio.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget