Seminarios infantís da Banda de Música

A BANDA DE MÚSICA IMPLÍCASE NA FORMACIÓN IMPARTINDO SEMINARIOS GRATUÍTOS PARA OS ALUMNOS DA ESCOLA BERNARDO DEL RÍO

Membros da agrupación con estudos musicais de grao Profesional e Superior ofrecerán as clases instrumentais

Trátase dunha iniciativa de colaboración entre a Banda e a Concellería de Educación que pretende promover a afección á música e a crear canteira para a formación vilagarciana

Vilagarcía, 15 de febreiro de 2014.- A Banda de Música de Vilagarcía e a Concellería de Educación veñen de poñer en marcha unha iniciativa que ten como obxectivo ampliar a formación dos nenos e nenas da Escola Municipal Bernardo del Río á vez que ir formando unha canteira coa que nutrir á Banda. Trátase dun ciclo de seminarios musicais que impartirán membros da Banda con estudos musicais de grao Profesional ou Superior e no que os alumnos da escola poderán participar de forma gratuíta. O programa comeza hoxe cun seminario de clarinete.

Mías de cen alumnos da Escola Municipal de Música de Vilagarcía poderanse beneficiar desta iniciativa promovida pola Banda. Os seminarios celebraranse os sábados pola mañá para facilitar tanto a asistencia dos nenos e nenas como a participación dos membros da Banda que se encargarán de impartir as clases. O local de ensaio da Banda, situado nos baixos do Auditorio, será o lugar elixido para impartir as sesións que terán dúas horas de duración. A idea é impartir clases sobre os principais instrumentos que se tocan na Banda de Vilagarcía. Comezan mañá por clarinete e proseguirán con saxo, frauta, violonchelo, trompeta, trompa, trombón, bombardino e percusión.

Con esta iniciativa a Banda pretende colaborar na formación de músicos en Vilagarcía e tamén fomentar o gusto pola música en xeral e pola de formacións bandísticas en particular.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget