"A BELA ADORMECIDA" EN VILAGARCÍA


O BALLET CLÁSICO "A BELA ADORMECIDA" REPRESÉNTASE NO AUDITORIO DA MAN DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO

A música de Tchaikovsky está gravada para a ocasión pola Orquestra Sinfónica de Galicia

O espectáculo será o domingo a partir das 19:00 horas e as entradas custan 10, 8 e 6 euros


Vilagarcía, 19 de marzo de 2014.- O Auditorio Municipal acolle esta fin de semana un dos mellores espectáculos de danza que se poden presenciar esta temporada no panorama nacional. Trátase do ballet clásico "A Bela Adormecida", a última produción do centro Coreográfico Galego que, para a ocasión, interpretará o conto de Perrault coa música de Tchaikovsky gravada pola Orquestra Sinfónica de Galicia. A actuación celebrarase o domingo, 23 de marzo, a partir das 19:00 horas.

As entradas véndense a 10 euros para a Zona A, a 8 para a B e a 6 para a zona C do patio de butacas. Xa se poden adquirir de xeito anticipado a través da web www.servinova.com es da billeteira telefónica 902 504 500 e o día da función a partir das 17:00 horas no Auditorio.

O Auditorio recibe de novo aos bailaríns do Centro Coreográfico Galego que hai tan só un mes que estrearon "A Bela Adormecida" nunha espectacular actuación no pazo da Ópera da Coruña. A montaxe conta con todos os ingredientes para enfeitizar ao público xa que, ao atractivo do conto popular de Perrault e á música de Tchaikovsky, súmanse a calidade do corpo de baile do CCG e da grandiosidade e vistosidade da montaxe, vestiario e posta en escena.

Versión en dous actos
Na versión do CCG, ‘A bela adormecida’ concentra en dous actos un dos ballets máis aclamados do repertorio clásico internacional, estreado por vez primeira en 1890 con coreografía de Petipa, libreto de Vsevolojski e música de Tchaikovski. A primeira parte céntrase na historia da princesa Aurora escrita polo francés Charles Perrault, mentres que a segunda parte corresponde ao terceiro acto do orixinal e recrea outros contos do mesmo autor, como ‘O gato con botas’, ‘Carapuchiña vermella’ ou ‘O paxaro azul’.

A dirección deste ballet corre da man de Mercedes Suárez e o elenco compóñeno os bailaríns profesionais do CCG Astrid Molinero, Juan Miguel Hernández, Miguel Ángel Ponte, Ailen Ramos, Carmen Aparicio, Jesús Benzal, Carlos Huerta, Paula Montoya, Rubén Ventoso y José Luis Cibreiro.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget