CONCERTO DE SÉS, MAÑÁ NO AUDITORIO


SES presenta "Co Xenio Destrozado"
SÉS, A JANIS JOPIN GALEGA, PRESÉNTASE MAÑÁ NO AUDITORIO "CO XENIO DESTROZADO"

As entradas custan 3 e 4 euros

Vilagarcía, 13 de marzo de 2013.- María Xosé Silvar, é SÉS, a rockeira galega que máis forte está pegando no panorama musical nos últimos tempos. Cantareira de base popular e tradicional, criada musicalmente a base da colección de vinilos de rock americano da década dos 50 e dos 60 que herdou do seu pai, e dos casetes de rancheiras, boleros e zarzuela que escoitaban os seus avós, Sés é todo un fenómeno musical da terra que apadriña o propio Santiago Auserón. O venres actúa en Vilagarcía para presentar o seu disco "Co xenio destrozado" un compendio de temas compostos por ela mesma e en cuxa interpretación pon toda a súa orixinalidade, frescura e potencia.

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. Despois de moitas foliadas e encontros en pequenos locais para cantar e tocar, en 2007 a xoven coruñesa crea xunto a tres amigos a banda "Chámalle Xis!". Medio en broma presentan ao concurso A Coruña Son, un tema que compuxeron de xeito espontáneo nun dos seus encontros para musicais coa inesperada sorpresa de ser elixido polo propio Santiago Auserón como grupo revelación daquel ano. 

A partir de aí e despois de que os seus compañeiros se decantasen por outras actividades, Sés comeza o seu proxecto persoal, froito do cal o venres presenta no Auditorio de Vilagarcía o seu segundo disco, o primeiro para ela por ser o máis honesto, o que mellor a identifica e o que soa como ela quere. Titúlase "Co xenio destrozado" e nel a Janis Joplin galega pon toda a carne so asador e amosa a súa espectacular voz e o seu persoal estilo musical que ela define como americano norteño (rock, blues country) como sureño (con ritmos caribeños e latinaomericanos).
"Co xenio destrozado" gravouse nos estudios Bruar, de A Coruña, e o produciron a propia Sés e Xavier Ferreiro. Para este traballo, conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sánz (baixo).

O concerto celébrase o ventres, 14 de marzo, no Auditorio a partir das 21:00 horas. As entradas custan 3 e 4 euros e pódense adquirir de xeito anticipado a través da web www.servinova.com ou do teléfono 902504500. O mesmo día da actuación poderanse comprar na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget