CURSO PARA NAIS E PAIS EN CATOIRA

A próxima semana comeza en Catoira un curso sobre técnicas de modificación de conduta

Catoira, 13 de marzo de 2014

O Concello de Catoira, coa colaboración do CPI Progreso, organiza un curso de modificación de conduta dirixido ós pais e nais do alumando do centro educativo.

Esta actividade xorde froito das dúbidas formuladas por moitos proxenitores á hora de establecer normas e límites na educación dos seus fillos/as. Trátase dun dos factores fundamentais de convivencia e de protección máis significativos para reducir a probabilidade de aparición de condutas de risco, tanto na infancia como na primeira adolescencia.

O abanico de posibilidades á hora de inculcar as normas abrangue desde a total permisividade e sobreprotección ata un control absoluto e autoritario. Ante as consultas xurdidas sobre este tema, o Concello oferta un curso de tres sesións para explicar as diversas técnicas de modificación de conduta e así dotar de competencias ós pais e nais asistentes. As charlas terán lugar os días 18, 20 e 25 de marzo ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget