Agenda: JUAN PERRO EN VILAGARCÍA


AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DE JUAN PERRO NO AUDITORIO XA SE PODEN ADQUIRIR NA BILLETEIRA ELECTRÓNICA


Santiago Auserón virá acompañado polo guitarrista Joan Vinyals para interpretar os temas acústicos de "Casa en el aire"

As entradas custan 12, 10 e 8 euros

Vilagarcía, 17 de marzo de 2014.- O carismático Juan Perro recalará o 6 de abril en Vilagarcía para ofrecer concerto moi especial despois de rematar a súa xira polos Estados Unidos. Acompañado polo guitarrista Joan Vinyals, o líder da mítica Radio Futura, interpretará en dúo acústico os temas de "Casa en el aire", un traballo no que segue explorando a mestizaxe entre as músicas de raíz norteamericana, latinoamericana e ibérica, sempre impregnadas do soul negro e nun espectáculo vestido pola posta en escena e o humor. A venta anticipada das entradas xa está aberta a través de www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. os prezos, 8, 10 e 12 euros.

Os vilagarciáns e veciños dos municipios da ría e a súa contorna terán unha oportunidade pouco menos que excepcional de poder gozar da música dun dos compositores españois con máis traxectoria e prestixio. Juan Perro, alter ego de Santiago Auserón, líder da xa extinta Radio Futura, regresa a Vilagarcía despois do excelente sabor de boca que deixou entre os milleiros de persoas aos que enfeitizou coa súa voz, mestura de soul, duende e augardente, na actuación que fixo no homenaxe a rendido ao actor e cómico de Vilaxoán, Eduardo Rubianes, en setembro de 2009.

Nesta ocasión, Juan Perro ven a presentar o seu proxecto Casa en el aire, un compendio de cancións da súa discografía en solitario (e algunha peza inédita) levadas a ese terreo no que prima o pracer da imprecisión, no que a fronteiras se refire. Facendo gala da historia musical que tan ben coñece, Juan Perro leva as composicións dende Cuba a Nova Orleáns e viceversa, como un "sonero" antigo e como un "bluesman" de raza, achegando beiras e sen ocultar aromas roqueros, trovadorescos, mediterráneos, etcétera... E faino a base de simplicidade, pureza e complicidade co público.

Acompañado por todo un mago da guitarra, Joan Vinyals, Juan Perro non escatima tempo nin cancións: 22 pezas que lanza sen presa, ofrecendo un espectáculo dobre: por un lado, a vitalidade da música; por outro, a gracia, a ironía e a invención dunhas intelixentes e hilarantes presentacións que son en si mesmas todo un show. Pezas de Raíces ao Vento, La Huella sonora, Míster hambre, Cantares de vela e especialmente Río Negro, o seu disco máis recente, configuran un apaixonante e excitante repertorio, completado con algunha canción inédita.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget