MI PAPÁ ME MIMA

IGUALDADE HOMENAXEA E PROMOVE A FIGURA DO PAI-COIDADOR NUNHA XUNTANZA DE PAIS E FILLOS NA PRAZA DE GALICIA

Centros educativos e ANPAS colaboran coa campaña "Mipapámemima" que se desenvolverá mañá entre as 10:30 e as 13:30 horas

Habilitarase unha gran carpa para que se poidan celebrar as actividades e lecturas previstas independentemente das condicións meteorolóxicas

Vilagarcía, 21 de marzo de 2014.- A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía conmemora este ano o Día do Pai cunha xuntanza pública de pais e fillos que se desenvolverá durante toda a xornada matinal de mañá sábado, 22 de marzo, na Praza de Galicia. Con esta actividade, o departamento que dirixe Ángeles Rodríguez rende homenaxe ao pai-coidador, unha figura que simboliza á perfección o principio de corresponsabilidade e igualdade no ámbito familiar e doméstico. Para continuar promovendo o cambio social rexistrado nas últimas décadas, pais e fillos compartirán un espazo de xogos e actividades baixo unha gran carpa.

A implicación dos pais nas tarefas de crianza dos fillos é maioritaria na actualidade, o que supón un cambio de rol importante en materia de igualdade de xénero respecto a xeracións anteriores nas que o coidado, atención e educación dos nenos estaba asignado de xeito exclusivo ás nais, avoas ou irmáns, é dicir, sempre ás mulleres. Hoxe, os pais participan de forma activa nestas tarefas de crianzas dos fillos, cambio que resulta positivo para o pai e tamén para os fillos e ás nais, tanto a nivel emocional, xa que se fomentan os lazos entre ámbolos dous proxectores cos fillos, como a nivel do desenvolvemento dos nenos e nenas que, co exemplo que lles dan na casa, xa interiorizan dende bebés os valores da corresponsabilidade e a igualdade.

Para que a sociedade visibilice mellor esta positiva evolución, a Área de Igualdade convoca a todos os pais e fillos da cidade á xuntanza de mañá. Nela, maiores e cativos compartirán xogos e actividades dende ás 10:30 e ata as 13:30 horas. Os máis cativos poderán expresar con debuxos a idea que teñen da relación cos seus pais ou as facetas de coidadores que estes realizan nas súas casas. E os que xa saiban escribir poderán facer lemas, ou expresar en frases este mesmo concepto. Ademais, pais e fillos poderán fotografarse cos carteis e os lemas da campaña "Mipapámmima" no fotocol que se disporá baixo a carpa da Praza de Galicia. As familias que dean a súa autorización poderán ver a súa foto pendurada na web municipal no banner da campaña.

A Área de Igualdade contou coa colaboración de varis centros educativos e Anpas no municpio para o desenvolvemento da campaña do Día do Pai. En días previos á celebración desta data, profesores, alumnos e familias traballaron no cole e nas casas a temática do Pai Coidador, facendo lemas, debuxos ou tomando fotos que ilustran esa faceta dos seus pais. Deste xeito búscase que nenos e maiores sexan conscientes da importancia e dos beneficios desta actitude.

Foprito deste traballo previo e da colaboración de colexios e ANPAS, no acto de mañá alumnos de diferentes centros procederán á lectura pública dos escritos realizados polos propios nenos no colexio para abordar a figura do pai-coidador. A orde será a seguinte:

11,00 horas: Visita dos nenos e nenas da Escola Unitaria de Aralde
11,30 horas: Lecturas do alumnado do CEIP de Rubiáns e a ANPA
12,00 horas: Lecturas do alumnado do CEIP de Vilaxoán e a ANPA
12,30 horas: Lecturas do alumnado do CEIP de Carril e a ANPA
13,00 horas: Lecturas da ANPA do CEIP A Escardia


Ademais, durante toda a mañá exporanse na Praza de Galicia os murais elaborados polos alumnos da Escola Unitaria de Aralde e a Escola Infantil Municipal.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget