VAIBIKE DE NOVO EN FUNCIONAMENTO

O CONCELLO FAI INVENTARIO DAS BICICLETAS DO VAI BIKE CO OBXECTO DE VOLVER
A POÑER EN MARCHA O SERVIZO

Estase a avaliar o estado dos vehículos depositados nos baixos do Auditorio para a posta a punto dos mesmos e determinar o párking a sacar a concurso público

Tomaranse medidas para controlar o acceso ás zonas de traballo e almacéns dos baixos do Auditorio por parte de persoas alleas ao ConcelloVilagarcía,

19 de marzo de 2014.- O cambio de emprazamento das bicicletas do Vai Bike dunhas dependencias do Auditorio a outras con motivo dunha reordenación de espazos e a habilitación de dependencias para o persoal encargado de mantemento de patrimonio, estase a aproveitar dende hai días para facer inventario dos vehículos existentes e do estado no que se atopan.

Este estudio faise coa intención de volver a poñer en marcha o servizo de préstamo de bicicletas de cara á temporada estival, segundo indicou a concelleira de deportes, Elena Suárez.O movemento das bicicletas dun lugar a outro dos baixos do Auditorio facilitou o exame de cada un dos vehículos co obxecto de concretar o estado no que se atopan e se precisan algún tipo de arranxo ou mantemento. Concluída a avaliación, solicitarse orzamento para realizar a posta a punto dos vehículos.

Os traballos comezaron xa a finais da emana pasada. Segundo o informe realizado nestes días, existen 83 bicicletas enteiras, usadas pero que precisan dun mantemento mínimo; 20 embaladas das que a unhas 10 fáltanlle pezas que se usaron para repoñer nas bicis en uso; a outras 37 fáltalles unha roda e tamén se contabilizaron 10 cadros (sen manillares nin rodas).A tenente de alcalde explicou que a intención do goberno local e volver a poñer en marcha o servizo de préstamo de bicicletas de cara á temporada estival, aínda que os prazos non se poden concretar xa que dependerá do tempo que precise a posta a punto das bicicletas, redactar os pregos, sacar a concurso o servizo e resolver a adxudicación, con conseguintes prazos legais que conleva cada trámite.

Suárez Sarmiento comentou que dous empresarios da zona volveron a contactar recentemente co Concello amosando intereses por explotar o servizo de aluguer de bicicletas, circunstancias que o goberno pretende aproveitar.

Como se sabe, o Vai Bike deixouse de prestar en outubro de 2012 ao expirar a concesión coa empresa Tuimil e debido ao elevado custe que o seu mantemento supoñía para as arcas municipais na conxuntura económica do momento ao ter desaparecido as axudas do Inega para o sostemento dos servizos públicos de préstamo e aluguer de bicicletas . O VaiBike supoñía naquel momento un desembolso anual de 76.000 euros fronte a unha recadación de pouco máis de 3.000 euros.Cidades como Pontevedra e Santiago tamén se viron obrigadas a prescindir deste servizo debido ao seu elevado custe e falta de axudas.Os servizos técnicos estudarán as posibles modificacións a incluír nos pregos de condicións que se elaboren para adxudicar o VaiBike a efectos de garantir que a prestación do servizo resulta viable economicamente para o Concello, a un custe reducido para as arcas municipais ou con cargo íntegro ao concesionario. Unha vez concretado o prego de bases haberá tamén que redactar as bases o Ordenanza que rexerá a prestación do servizo en función as novas condicións da explotación.En canto ás preguntas realizadas polo BNG, a tenente de alcalde lamentou que "unha vez máis dean por bos rumores, completamente falsos e maliciosos, sen preocuparse por contrastalos antes de saír aos medios de comunicación".

Elena Suárez tamén amosou a preocupación do goberno local ante o acceso de persoas alleas ao Concello aos baixos do Auditorio como demostran algunha fotografía publicada nas redes sociais. A concelleira lembra que os baixos son unha zoa de traballo e almacén similares ás naves de Obras de Trabanca Badiña, restrinxida ao persoal do Concello, tanto por motivos da propia seguridade das persoas que acceden a un lugar onde de traballa con maquinaria e se almacenan elementos construción, como ante o risco de que poidan desaparecer obxectos. Ante a gravidade e a preocupación por estes feitos o Concello adoptará as correspondentes medidas de seguridade e control de acceso aos baixos do Auditorio, e consultará cos seus servizos xurídicos as posibles medidas legais a adoptar.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget