NOVO SEMÁFORO NO CRUCE DA XALDA EN CARRÍL


COMEZA A INSTALACIÓN DO SEMÁFORO PARA REGULAR O PASO DE PEÓNS NO CRUCE DA XALDA

A Xunta de Galicia, titular da estrada, realiza a obra tras as xestións realizadas polo Concello

Vilagarcía, 1 de abril de 2014.- Operarios de Estradas da Xunta de Galicia iniciaron esta mañá a obra civil tendente á colocación dun novo semáforo para regular o paso de peóns do cruce da avenida Rosalía de castro e a Rúa A Xalda. A actuación a leva a cabo a administración autonómica, titular da estrada que une Vilagarcía con Carril, despois das xestións realizadas polo Concello para incrementar a seguridade viaria neste punto.

O regulado do paso de peóns da Xalda mediante sinalización semafórica demandábase dende hai tempo debido a que se trata dun cruce moi transitado por veciños e o alumnado do colexio e do instituto e que se atopa nunha vía cunha densidade de tráfico moi elevada. Os veciños solicitaron ao Concello a colocación do semáforo para garantir a seguridade viaria dos peóns, xa que nese tramo de vía se teñen producido varios atropelos.

O Concello realizou varias xestións ante a Xunta de Galicia, froito das cales, hai uns meses visitaron a zona o delegado da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís que, xunto co alcalde e o concelleiro de Policía Local e técnicos de ámbalas dúas administracións, para determinar o mellor punto no que colocar o semáforo.

Os traballo iniciados hoxe consisten na obra civil e aínda levarán uns días. Posteriormente desprazarase á zona a empresa especializada na colocación dos semáforos, para instalalos e poñelos en funcionamento. O goberno local agradece a colaboración da Xunta e congratúlase pola realización da obra que repercutirá positivamente na seguridade dos peóns.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget