ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO en vilagarcía

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o lúns 28 de xullo de 2014, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 30 de xuño de 2014.

2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos nos meses de maio e xuño de 2014.

3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.

4. Aprobación, se procede, da designación do Concelleiro D. Fernando Quintela Gallego en diversos órganos colexiados.

5. Toma de coñecemento dos informes de Intervención e Tesourería en virtude do disposto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (2º trimestre 2014).

6. Aprobación, se procede, de recoñecemento extraxudicial de créditos nº 1/2014.

7. Aprobación, se procede, da declaración da obra de substitución do material de cubrición do CEIP Rosalía de Castro de Carril como de utilidade pública e interese social, a efectos de bonificación do ICIO.

8. Interpelacións.

9. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

10. Respostas as preguntas formuladas na sesión plenaria anterior.

11. Rogos e preguntas.

12. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget