18 BARRAS NA FESTA DA AUGA

AUTORIZADAS A INSTALACIÓN DE 18 BARRAS EXTERIORES DURANTE A MADRUGADA E A FESTA DA AUGA

Deberán cinguirse ao horario de montaxe e retirada establecido na resolución, dispor de seguro de responsabilidade civil e cumprir a lei de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade


Vilagarcía de Arousa, 14 de agosto 2014.- O Concello autorizou a diferentes locais hostaleiros da cidade para a instalación dun total de 18 barras exteriores para a venta de bebidas para os días 15 e 16 de agosto con motivo da celebración da Festa da Auga. Os locais deberán cumprir os requisitos especificados na resolución que se pode consultar no taboleiro de anuncios do Concello e no da web municipal www.vilagarcia.es. Das barras autorizadas, 17 corresponden a locais individuais e unha, conxunta na zona de O Castro.

Segundo se especifica na resolución, os titulares dos establecementos deberán instalar as barras exteriores de maneira que non impidan o paso dos peóns pola vía pública ou beirarrúa (no caso de que a rúa teña tráfico rodado) nin impida o uso de mobiliario urbano.
A montaxe das barras individuais non poderá comezar antes das 22:00 horas do 15 de agosto, coa excepción da do Castro, que non se poderá instalar antes das 10:00 horas da mañá do día 16. A retirada de todas elas deberá comezar ás 15:30 do 16, para que as vías estean totalmente despexadas ás 16:00 horas para poder deixar actuar aos servizos de limpeza.

Todas as barras deberán contar con seguro de responsabilidade civil e deberán obedecer ao disposto na Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

A instalación das barras exteriores está gravada coa taxa establecida la Ordenanza Fiscal número 21, de 300 euros diarios.

E todas as solicitudes presentadas ante o Concello para a instalación de barras exteriores, só se denegou unha. Aquelas barras que non fosen autorizadas, non presentasen solicitude en prazo ou se lles houbera denegado o permiso, non poderán desenvolver a actividade, quedando os servizos municipais encargados da súa clausura.
ver agenda semanal
recibe la agenda de cada día en tu correo

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget