Exposición de Antonio Pérez en Riveira

ANTONIO PÉREZ EXHIBE NO LUSTRES RIVAS UN TOTAL DE 37 MARIÑAS ONDE SE RETRATA A COSTA DE RIVEIRA DENDE ESPIÑEIRIDO A PALMEIRA

A exposición foi inaugurada o 1 de agosto e estará aberta ata o 30

Dende a noite de onte o Centro Cultural Lustres Rivas está a dar cabida a unha nova exposición, para cuxo acto inaugural achegáronse a este espazo numerosas persoas desexosas de contemplar a proposta que nos ofrece o pintor local Antonio Pérez.

O nome da mostra, “Riveira e o Atlántico”. Consta dun total de 37 mariñas que retrata numerosos recunchos, calas e praias da costa riveirense, dende Espiñeirido –é dicir o extremo norte que linda co municipio de Porto do Son- a Palmeira –extremo sur que linda coa Pobra-. Estará aberta ata o 30 deste mes.

O acto de apertura estivo inaugurado polo alcalde Manuel Ruiz e contou coa intervención do propio Pérez e do escritor e editor Antonio Piñeiro, ademais da concelleira de Cultura Elvira Pisos.

Entre os asistentes, moitos colegas do pintor, como Manuel Ayaso, Paco Casal, Maralla, Xerardo Crusat ou tamén o escultor Jontxu Argibay.

Ruptura

Antonio Pérez agradeceu a cortesía do Concello ao albergar esta exposición e explicou que as obras que a compoñen supoñen unha ruptura dentro da súa traxectoria pois ata agora se tiña ao figurativo. Afrontou esta nova experiencia “como unha aposta” co fin de comprobar se era capaz de dar un selo definitorio propio a unha paisaxe ou unha mariña. “Non sei se ao final o consigo, pero polo menos o intentei”, sinalou con modestia.

O que se ten claro que Antonio Pérez tivo éxito na súa aposta foi Antonio Piñeiro, quen cualificou ao pintor como “un artista de estilo”, un estilo que se define entre outros rasgos por ter unha estética moi próxima ao entorno no que vive e por empregar cores que teñen que ver coa “natureza brumosa, melancólica e lírica da terra galega e barbantiana”: algo que se percibe na súa opinión nas paisaxes exhibidas.

Tamén o alcalde coincidiu na impresión de que o selo de Pérez se capta perfectamente nestas obras, “diferentes á pintura costumista á que nos tiña acostumados” e salientou que unha das cualidades que definen aos grandes artistas é precisamente que ata os profanos na arte coma el sexan capaces de saber a quen pertence un cadro sen necesidade de ler a súa firma. Ademais, Ruiz Rivas quixo loar o gran momento que o mundo da creación está a vivir en Barbanza.

Doazón

Por outra parte Antonio Pérez anunciou a súa doazón ao Concello de Riveira dun dos cadros máis representativos da mostra: o óleo sobre táboa “Río Azor e Illa dos Ratos con Riveira ao fondo”.O público congregado tivo ocasión de levarse un catálogo elaborado con motivo da mostra no que se reflicten as 37 pinturas expostas, con textos introdutorios de Xerardo Crusat e Unai González, ademais do alcalde.

A mostra poderá ser visitada de luns a venres de 9 a 14 horas e os luns, mércores e xoves, de 17 a 21 horas. A entrada é libre e de balde.

Prensa Riveira

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget