O "BRAVÚ" DAS REVENIDAS IRROMPE EN SAN ROQUE NUNHA XORNADA COAS AVENTURAS DE TADEO JONES, XADREZ NA RÚA E MÚSICA PARA TODOS OS GUSTOS

Haberá títeres para nenos pola mañá e cine na rúa á tardiña

O Festival das Revenidas de Vilaxoán ábrese coas actuacións de Os Diplomáticos de Monte Alto e Os Heredeiros da Cruz, entre outros

A Big Band, os grupos The Corner e Dani Barreiro & Friends, a Orquestra de Pulso e Púa Arousa co Orfeón de voces graves de Arousa e a Duendeneta porán a banda sonora á noite do venres

O último fin de semana das Festas de San Roque chega co sabor "bravú"·puramente galego do Festival das Revenidas que se abre o venres, 22 de agosto cun amplo programa de actividades lúdico culturais e cons concertos de grupos tan emblemáticos como Os Diplomáticos de Monte Alto ou Heredeiros da Crus. A axebda de San Roque para este día inclúa unha nova sesión dos Superrroquiños coa representación de títeres de Pinocho, e coa proxección da película de animación "Tadeo Jones" que contará coa presenza do guionista da premiada cinta española. No apartado deportivo o xadrez súmase ao pádel e a banda sonora da xornada contará con diversas actuacións en distintos puntos da cidade que animarán as rúas pola noitiña.
PROGRAMA DO VENRES DE REVENIDAS
AXENDA NA GUÍA DE VILAGARCÍA





 
Top