Axudas para material escolar


O CONCELLO INCREMENTA O FONDO DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE
MATERIAL ESCOLAR DA EDUCACIÓN INFANTIL



Disporase de 8.000 euros para axudar ás familias con fillos de 0 a a 6 anos matriculados en centros de Vilagarcía sostidos con fondos públicos


O prazo de solicitude abrirase unha vez que a convocatoria salga publicada no BOP e manterase ata o 30 de setembro


As subvencións fináncianse a través das concellerías de Educación e de Traballo e Benestar

O Concello de Vilagarcía incrementa este ano os fondos destinados ás axudas para a compra de material escolar en Educación Infantil. Con 1.00 euros máis que en 2013, as familias de Vilagarcía poderán repartirse 8.000 euros en axudas que poden chagar aos 50 euros por alumno. O prazo de solicitude abrirase ao día seguinte de que a convocatoria saia publicada no BOP e manterase ata o 30 de setembro.

O Concello creou hai uns anos esta axudas para cubrir o baleiro existente no Ensino Infantil (de 0 a 6 anos), para o cal non se concedían subvencións a través de ningunha outra administración, como si ocorre coas demais etapas da Educación Obrigatoria. As axudas municipais están dirixidas ao primeiro e segundo ciclo de Infantil de alumnado residente no municipio e matriculado en centros de Vilagarcía sostidos con fondos públicos, así como en escolas infantís autorizadas. Dos 8.000 euros dispoñibles este ano, dos que 4.500 finánciaos Concellería de Educación e os 3.500 restantes a de Traballo e Benestar.

As subvencións serán dun máximo de 50 euros por alumnos e concederanse en función da situación socio económico da unidade familiar co obxectivo de que cheguen a quen máis as precisa.

As familias interesadas en solicitar as axudas deben cubrir o formulario que poden obter nos departamentos de Educación ou Servizos Sociais do Concello, así como no servizos de Información Municipal ou a través de internet, imprimindo o documento pendurado no taboleiro de anuncios desta web, onde tamén se poden consultar as bases que rexen a convocatoria.

Subscríbete a Arousa TV por Email
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget