COMBATE NAVAL NAS FESTAS DE SAN ROQUE


O SÁBADO O COMBATE NAVAL PROMETE ESPECTÁCULO DE LUZ, COR E SON CO LANZAMENTO DE 5.000 DISPAROS DE MÁIS DE 600 QUILOS DE PÓLVORA


Haberá fogos de artificio acuáticos e novidades e sorpresas nos aéreos

O castelo terá 30 metros de longo e 12 de alto e estará engalanado con 1.500 bengalas

O espectáculo comeza xusto á media noite e terá unha duración ininterrompida de 23 minutos


O último fin de semana das Festa de San Roque chega co tradicional Combate Naval, o espectáculo pirotécnico que se desenvolverá a partir da media noite do sábado na zona do Peirao do ramal e as Praias de Compostela e A Concha. Para o festival de luz, cor e son utilizaranse este ano máis de 600 quilos de pólvora que se lanzará en 5.000 disparos. As novidades chegarán na colección de fogos aéreos.


Pirotecnia Penide é a empresa que se encarga dende hai anos da organización do tradicional Combate Naval, un espectáculo de fogos artificiais que rememora a batalla de Callao, en Perú, e que iniciou a celebrarse hai 148 anos. De aí a batalla final entre o barco e o castelo.

O Combate deste ano terá unha duración de 23 minutos ininterrompidos nos que se combinarán os fogos aéreos cos acuáticos e tamén lucería en terra lanzados mediante carcasas, baterías e candeas romanas. As novidades deste ano poderanse advertir en varios fogos aéreos que os pirotécnicos de Penide esperan que sorprendan e gusten aos milleiros de persoas que acoden anualmente a este multitudinario e emblemático evento das festas de San Roque en Vilagarcía.

A segunda parte do espectáculo será na que se desenvolva o Combate naval propiamente dito, co ataque do barco ao castelo. Este contará con 30 metros de lonxitude e 12 de alto e adornarase con 1.500 bengalas de cambo de cor, que se acenderán cunha diversa gama de cores para rematar con lucería intermitente en branco.

O broche final chegará coa gran traca final composta por 800 bombas.
Revisa la
AGENDA en la GUÍA DE VILAGARCÍA
Suscríbete a Arousa TV por Email

Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget