FESTAS EN RIVEIRA


ONCE CREADORAS DE BARBANZA EXPOÑEN NUNHA MOSTRA COLECTIVA NA GALERÍA
O FAIADO

Onte tivo lugar a inauguración, encadrada no programa de festas

Un total de once creadoras da comarca de Barbanza están a exhibir dende onte na Galería O Faiado de Riveira a súa proposta colectiva “De fibra sensitiva”.

Ao mediodía tivo lugar o acto inaugural, que está encadrado no programa de festas da cidade, contou coa participación de senlleiros artistas do noso contorno.

As once creadoras participantes son Ainara Valle, Elia Núñez, Loli Regueira, Lucía Romaní, Maralla, María Magán, María Regueira, Mónica Rivas, Paulova, Pilar Ageiros e Rebeca Saray. Entre os moitos asistentes que non se quixeron perder a exposición, Jontxu Argibay, Antonio Piñeiro ou Paco Casal.

Alicia Padín foi a encargada de introducir un acto que contou coas intervencións de Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo e recurrente visitante a esta galería, e do alcalde Manuel Ruiz, quen durante a súa intervención quixo destacar a figura da riveirense Maralla como figura pioneira da arte no noso municipio.

Performance

O acto contou tamén cunha performance ofrecida por gran parte das artistas representadas na mostra e conducida pola palmeirense Loli Regueira.

A mostra poderá ser visitada de luns a venres de 10.30 a 14 e de 18 a 21 horas e os sábados de 10 a 14 horas.

En canto ao resto de actos das Festas programados, as 18 horas desenvolveuse na Lonxa unha multutidinaria Misa Solemne na honra da Virxe do Carme, cantada pola Coral Polifónica Municipal de Riveira. A ista seguiulle a tradicional Procesión Marítimo-Terrestre.

E ás 21 horas houbo dous actos. De unha parte, o concerto da banda riveirense Espazo en Branco. Na praza do Concello. Mentres que na praza de España tivo lugar unha exhibición de artes marciais a iniciativa do Club Kenpo Riveira – Ximnasio Cardalda.
Para a medianoite estaba programada a espectacular queima de Fotos de Artificio, a cargo da Pirotecnia Ricardo Resúa.
E ás 00.30 horas, gran actuación do mítico dúo gaditano Andy y Lucas, un dos pratos máis fortes da calendario festivo.Ademais, a Orquestra Solara sairá ao escenario a partir das 22.30 horas no Malecón e, ás 00.30, fará o propio a Orquestra Cosmos no García Bayón.

Programa de hoxe, día 3

Polo que se refire ao calendario de hoxe, ás 12.30 horas haberá uha Misa Solemne na Honra de San Pedro, cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Riveira.

Ás 19 horas, terá lugar a coroación das Raíñas da Flor no Adro da Igrexa e posterior desfile de carrozas acompañadas de actuacións de rúa, charangas e comparsas.

Ás 19 horas desenvolverase un partido de fútbol na Fieiteira que servirá de presentación do Atlético Riveira.

Ás 22.30 horas, o Malecón será escenario dunha verbena amenizada por Royal Orquestra.

E finalmente ás 23 horas a praza de España acollerá unha espectacular actuación ao cargo do grupo folk galego Quempallou.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget