Ritmos Latinos en Riveira

OS RITMOS LATINOS VOLVERÁN A SOAR NA CIDADE DE RIVEIRA NA QUINTA EDICIÓN DE SALSA NA RÚA

O festival desenvolverase este sábado durante todo o día

Este sábado 30 de agosto as rúas da cidade de Riveira darán cabida a unha nova edición –a quinta xa- do festival Salsa na Rúa: un espectáculo organizado pola Escola de Baile El Tomasón coa colaboración en colaboración co Concello que forma parte da programación da Fiestra da Cultura 2014 de Riveira.

Orlando González no nome da escola de baile e Elvira Pisos como concelleira de Cultura explicaron os datos máis interesantes desta iniciativa, que contará coa participación entre outros dos campións galegos de bachata, Rebeca Balchada e Jorge Az, e os subcampións de España de salsa, Jose e Rosy.

Brasil

Ademais, engadiu que se en 2013 o festival estivo dedicado aos ritmos de Arxentina, este ano serán homenaxeadosos propios de Brasil. Bachata, capoeira, salsa, rumba, hip hop, zouk ou, como non, a zumba que está pegando tan forte en Europa serán algúns dos estilos que se poderán ver ao longo da xornada.

O programa principiará ben cedo: a partir das 10.30 horas, momento no cal o grupo brasileiro-cubano Los Quilomberos desfilará por diferentes rúas e establecementos hostaleiros colaboradores da cidade.

En torno ás 12.45 horas, a rúa Alcalá Galicia será o escenario dunha clase aberta á que se poderán sumar todos aqueles que así o desexen. Bailaranse ritmos tan suxestivos como a capoeira e o hip hop.

Despois, ás 13.30 horas o parque García Bayón dará cabida a unha exhibición de danza moderna e ritmos latinos por parte dos alumnos máis pequenos da escola El Tomasón, con idades de entre os 3 e os 14 anos.

O prato forte chegará a partir das 22 horas no Malecón, cunha gala de clausura na que participarán artistas chegados de numerosos lugares, como os xa citados Rebeca Balchada e Jorge Az, Jose e Rosy, Salsanova, Jane Zouk ou Arabesque, ademais de integrantes da propia escola.

Subscríbete a Arousa TV por Email
Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget