RIVEIRA, FIN DE FESTAS

MULTITUDINARIA PROCESIÓN MARÍTIMO TERRESTRE EN RIVEIRA NA HONRA DO VIRXE DO CARME 

O programa festivo pecha hoxe con novas actuacións e actividades 

Santa Uxía de Riveira, 3 de agosto de 2014.- A tradicional procesión marítimo terrestre na honra do Virxe do Carme volveu a congregar o interese masivo dos veciños e visitantes ao municipio de Riveira.

A lonxa situada no recinto portuario converteuse outro ano máis no escenario no que se desenvolveu unha multitudinaria misa solemne, cantada pola Coral Polifónica Municipal de Riveira baixo a dirección de Enrique Paisal Negro. Ademais, a Banda de Música de Negreira interpretou o himno galego durante a eucaristía. 

Acto seguido, a Virxe do Carme sairía en procesión por mar a bordo do buque Virxe do Mar, que estivo acompañado durante a travesía doutra trintena de embarcacións, grandes e pequenas. Foron lanzadas tres coroas de flores para honrar aos falecidos no mar: unha foi botada polo alcalde Manuel Ruiz e o patron maior de Riveira José Antonio Pérez; outra polo senador José Luis Torres e o capitán marítimo de Vilagarcá Manuel Martínez; e a terceira por dúas devotas que quixeron realizar tamén este xesto.

Acabada a procesión marítima, a peregrinación continuou por terra dende o peirao ata a igrexa de Santa Uxía. Numerosas persoas arrexuntáronse nas rúas para presenciar este acontecemento, que tivo como última parada o adro do templo, onde a Coral Polifónica Municipal cantou a Salve Mariñeira e Banda de Música de Negreira entoou os himnos galegos e español.

Concertos

Xa pola noite houbo dous concertos: un na praza do Concello a cargo da formación local Espazo en Branco e o outro na praza de España coa espectacular actuación de Andy y Lucas que, ao igual que o fenómeno adolescente Auryn na noite do mércores, logrou encher por completo esta gran explanada urbana. Tamén houbo unha exhibición de artes marciais neste último espazo da man do Club Kenpo Riveira.

En canto á programación de hoxe, ás 0.30 horas haberá unha misa solemne na honra de San Pedro que estará can tada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Riveira. Ás 19 horas terá lugar a coroación das Raíñas da Flor no Adro da Igresa, proseguida dun gran desfile de carrzoas acompañadas por actuacións de rúa, charangas e comparsas. 

Ás 19 horas desenvolverase un partido de fútbol na Fieiteira que servirá de presentación do Atlético Riveira. 

Ás 22.30 horas, o Malecón será escenario dunha verbena amenizada por Royal Orquestra.

E finalmente ás 23 horas a praza de España acollerá unha espectacular actuación ao cargo do grupo folk galego Quempallou.

Por outra parte, cómpre lembrar que aínda que o programa oficial de festas rematou, mañá luns desenvolverase o día do Neno con atraccións de feira a prezos populares.

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget