X Andaina Popular Concello de Riveira

A DUODÉCIMA ANDAINA POPULAR CONCELLO DE RIVEIRA OFRECERÁ DÚAS DISTANCIAS ALTERNATIVAS DE 50 E 35 QUILÓMETROS

A día de hoxe hai 130 anotados e a inscrición segue aberta

O sábado 6 de setembro terá lugar unha das actividades deportivas máis senlleiras do municipio: a duodécima edición da Andaina Popular Concello de Riveira: unha iniciativa organizada pola Asociación As Miñoteiras (sección de senderismo) coa colaboración da propia Administración Municipal e que, unha vez máis, contará con dúas distancias alternativas: unha de 50 quilómetros e outra de 35 que a grandes rasgos comparte itinerario co de longo percorrido, se ben esquivando algúns tramos diminuíndo a súa dureza.

O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, presentou en compañía do técnico municipal Javier Sampedro esta actividade, cuxo prazo de inscrición aínda segue aberto.

Percorrido

A andaina sairá ás 9 horas do Complexo Polideportivo da Fieiteira e pasará polo parque periurbano de San Roque, Pedra das Capras, montes de Palmeira, miradoiro da Curota, Balteiro, dolmen de Axeitos, parque dunar ou Castro da Cidade. Unha vez máis e como vén sendo habitual, o 25% dos sendeiros do percorrido serán novos con respecto ao do ano pasado.

Haberá 5 puntos de avituallamento nos que se poderá consumir auga, bebidas enerxéticas, froita, bocadillos e porcións de empanada. É obrigatorio levar un bidón para poder portar auga e teléfono móbil (con batería suficiente).

Durante varias semanas os integrantes de As Miñoteiras están traballando na sinalización do percorrido con spray de color amarelo e tintas color vermello e branco. Haberá marcas cada 200 metros aproximadamente.

A día de hoxe hai 130 inscritos. O prezo por participar será de 13 euros (para federados) ou 16 euros (para non federados) ata o día 1 de setembro. A partir do día 2 haberá un prezo único de 25 euros sen dereito a camiseta de recordo. As inscricións realizaranse nun formulario dispoñible na páxina web municipal www.riveira.es.

Tamén colaboran na andaina Protección Civil, Policía Local, asociación de Veciños de Carreira e Asociación Arrecó.
Subscríbete a Arousa TV por Email
Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget