CARITARTE, EXPOSICIÓN SOLIDARIA (12dic-11ene)

Navidades, Arte y solidaridad en Sala Briones

Ya empezamos el montaje de Caritarte 2014_inauguramos el viernes 12/12 a las 20:00 en la Sala Rivas Briones_calle Alcalde Rey Daviña_Vilagarcia de Arousa_el regalo de tus navidades estará aqui.
Plazo de aportaciones a la exposición hasta el 8dic. Formatos: pintura, escultura y fotografía.

Vídeos anteriores ediciones:
Caritarte 2013
Caritarte 2012


Subscríbete a Arousa TV por Email

O BINOMIO "ARTE-SOLIDARIEDADE" MATERIALÍZASE ESTE NADAL NA SALA RIVAS BRIONES COA NOVENA EDICIÓN DE CARITARTE

Preto de 70 artistas doan obras de pintura, escultura e fotografía que calquera poderá adquirir a prezos moi asequibles, á vez que contribúe con Cáritas Interparroquial de Arousa

O 80% dos autores doa o 100% do prezo da súa obra para axudar ao financiamento do comedor social e programas da organización

As doce mellores fotografías da mostra do pasado ano ilustran o calendario que se poderá obter cunha doazón á vontade

Este ano subastarase un gravado para o que os visitantes poderán poxar depositando unha tarxeta co seu nome e oferta nunha furna

 Co Nadal chega tamén unhas das ofertas culturais e solidarias xa imprescindibles en Vilagarcía durante estas festas. Trátase da mostra de "Caritarte" a mostra de arte organizada co obxectivo de recadar fondos para financiar o comedor social e os diferentes programas de Cáritas Interparroquial de Arousa. Preto de 70 artistas da zona e tamén doutras comunidades e incluso países, doaron obras para a exposición que se poderá visitar dende esta tarde ata o 11 de xaneiro na Sala Antón Rivas Briones. Todas as obras póñense á venta para que calquera que o desexe poida adquirir ou agasallar arte a prezos moi asequibles á vez que contribúe coa importante labor social que está a prestar Cáritas a moitas persoas que nestes complicados tempos o precisan.

Como dende a súa primeira edición, no ano 2005, o Concello de Vilagarcía colabora con Caritarte poñendo a disposición da organización a sala de exposicións. A mostra presentouse este mediodía alí mesmo coa presencia das concelleiras de Cultura, Rocío Lovo e de Traballo e Benestar, Elena Suárez; do presidente de Cáritas Interparroquial, Francisco Fernández; do consiliario, Manuel Castroagudín Torres; do comisario da mostra, José Luiz Oubiña; e de dous dos artistas colaboradores, Guillermo Pedrosa e Ruth Ospina.

Despois da experiencia do ano pasado, cunha edición monográfica sobre fotografía, Caritarte regresa ás orixes da multidisciplinariedade. Así, este ano, os amantes da arte en xeral poderán elixir admirar e elixir entre pintura, escultura, gravado, collage e ata mesmo en algún traballo de ebanistería ou cerámica. Entre os 70 traballos que compoñen a mostra, os cadros, de diversa técnica, son os máis numerosos. O denominador común é o formato das obras, que a organización fixou en 30 x 30 centímetros. As dimensións das pezas escultóricas manteñen estas proporcións na base, con fondo variable e altura é libre.

Os propios autores fixan os prezos das súas obras, podéndose adquirir unha peza de arte dende os 20 euros que custa a máis barata, ata os 1.200 na que se valorou a máis cara. Segundo as bases de Caritarte, os artistas a recadación da venta repártese ao %0% entre o autor e Cáritas. Non obstante, cada vez son máis os artistas que optar por doar o 100% do prezo. De feito este ano, o 80% dos participantes colabora deste xeito.

As novidades deste certame son dúas. A primeira é que, tal como se anunciara o ano pasado, elaborouse un calendario de mesa ilustrado coas 12 fotografías que máis gustaron da mostra da edición anterior. A portada componse dun mosaico cos 12 traballos e cada mes do ano ilústrase cunha foto. A selección fixérona os propios visitantes da exposición mediante voto en furna. Editáronse 200 exemplares coa colaboración dunha imprenta da cidade, o que permite que os calendarios se poñan á disposición dos visitantes mediante unha doazón á vontade.

Elixiranse as obras preferidas polo público

Este ano o público tamén poderá votar á obra que máis lle guste e as 12 máis votadas ilustrarán o calendario de 2016.

A segunda novidade deste ano é que se realizará a subasta dunha obra. Trátase dun gravado de maior formato que os demais cadros, que tamén se exhibe na mostra para o cal os interesados poderán puxar. O sistema será tamén mediante o depósito das súas ofertas na furna instalada ao pé do gravado. As persoa que desexen puxar deberán anotar o seu nome e teléfono na tarxeta a introducir na furna, indicando a suma da súa puxa. Como prezo de saída establécense 300 euros. A furna abrirase o día da clausura de Caritarte para adxudicar o gravado á oferta máis alta.

Satisfacción pola resposta dos artistas

O comisario da mostra, amosou a súa satisfacción polo elevado número de artistas que colaboran este ano en Caritarte, case 70, o que lle proporciona un atractivo engadido á iniciativa solidaria. Pola súa banda o presidente de Cáritas agradeceu esta cálida acollida por parte das persoas que doan as súas obras para contribuír á labor que está a prestar Cáritas a través dos seus servizos e diferentes programas.

"O deber de colaborar"

A pintora Ruth Ospina Salazar leva un ano residindo en Vilagarcía e aínda que coñecía o certame anteriormente esta é a primeira vez que participa. A súa principal razón, segundo explicou, é "el deseo de querer axudar en la labor tan linda que está realizando Cáritas y tan importante en estos momentos en que cada vez son más las personas que requieren de sus servicios y que acuden a su comedor". A creadora indicou que aínda que o traballo de esta organización "cuenta con un enorme apoyo a nivel social", isto tamén provoca un "sentido de deber de colaborar en todo lo que se pueda".

Horario de visitas

A exposición Caritarte poderase visitar ata o 11 de xaneiro. O horario de apertura da sala é de 10:30 a 13:30 e de 18: a 21 horas de luns a venres. Os sábados, domingos e festivos tamén abrirá mediante a atención do voluntario de Cáritas e con horario de 12 a 14 horas e de 17:30 a 21 horas.

 
Top