02/14/14
_evento @BenjamínRey @ClubArousa @ClubeOlimpic @ConcelloCatoira @concelloriveira @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @d4m14n_89 @DaniBFriends @DanielBarreiro5 @derbyvilagarcia @diadermin @DiarioArousa @DiegoAlcaineT @djkicovilla @doadoressangue @dornaFG @DosEspacios @Dr_PedroLago @EdGalaxia @EduardoAldan @Emprendevga @En_Marea @erguergaliza @Escena_Galega @EsquerdaUnida @EUVilagarcia @evasotoconde @FCBarcelona‏ @FCBarcelona_es @FECA @Fernando_Mesa_ @festivaldonorte @ficcionProduc @FrancisWhiter @gadis @GaelicoGalego @galicine @GatoNegro @GatoNegroCarril @GrooveAmigos @happydayTVG @harbourvilla @HipotalamoFilms @HotelCarril @InfoSalnes @ivanferreiro @JakeShaneMusic @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @LaBolsa @laduendeneta @LatexosdTurismo @launionoficial @Liceo_BBC @LitaCabellut @LOOPSANDCOFFEE_ @Lua_tkd @luciourtubia15 @LuisDiazDevesa @LuisRoyoOficial @malqueridavilla @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @MiguelEyré @miki_dkai @miniadelrio @mpereiros @noscgalega @novcarminha @Nydia @OBarbanza @obloque @OFaiadoDaMemoria @OlaiaFdezDavila @OsMecos @OsonhodeLilith ‏ @pcvilagarcia @PerfectStrangers @PlanSiberia @PlatEstEscuelaP @podemosarousa @portAmerica @portovilagarcia @PPdeVilagarcia @prazadaverdura @ProtectoraVilagarcia @PSOEVilagarcia @Puerto_Flamenco @QuiqueSanfran @radioarosaSER @RCCelta @Revenidas @Revenidas fiesta @RichiRisco @RockBarMiudo @SamáVilagarcía @sogaps_oficial @SomosABANCA @somosmaioria @soutoncas @teatroclamide @tequexeteldere @ticketea @Tricicle @trivilagarcia @Turbolaser_ @turisriasbaixas @UllaUmia @unionromani @urdimeescenicas @UrtubiaLucio @VilagarciaRC @Vilanova @XabierRios @xatouri @zonaaberta 8M actividad acto agenda Ahituvi AIlla albariño anuncio Arousa arte audio autobus aviso Boiro Caldas Cambados Catoira celebración cine comercio concurso Cortegada crónica cultura Cuntis Curtas deporte ecología economía educación empleo encuesta EnPositivo entrevista entroido escena España evento evento_ evento: expo exposición FestaDaAuga fiesta folclore formación fotografía full_title Galicia gastro gastronomía Grove guía GuíadeArousa historia hostelería infantil información internacional literatura lunes mecenas menú MiCiudadFavorita mujer música noticias oferta OGrove OSalnés parque patrocinador patrocinador1 patrocinador2 patrocinador3 podcast política Pontevedra portada Portonovo premio procesión producción profesional promo radiocontrol Rianxo Rías Baixas Ribeira Riveira Salnés salvamento San Roque SanRoque Sanxenxo servicios social sociedad solidaridad sucesos televisión trabajo transporte turismo vídeo Vikinga Vilagarcía Vilanova ZonaAberta

O MANTEMENTO DO CAMPO DA LOMBA CUSTA 5.000 EUROS AO MES PARA 16 HORAS DE USO MÁXIMO

- A metade do presuposto destínase á enerxía eléctrica
- O goberno local segue traballando para lograr un novo campo de fútbol para todo o deporte vilagarcián
- A cal será substituída por pintura só nos días de chuvia
- O vindeiro luns unha comisión técnica Concello-Arousa SC analizará o proxecto da cantina

Vilagarcía, 14 de febreiro de 2014.- O Concello destina cada mes unha media de 5.032 euros ao mantemento do campo de fútbol municipal da Lomba, que só se utiliza dezaséis horas neses trinta días (partidos do Arousa e Arousana e un adestramento do primeiro cando o estado do campo o permite). A esa cantidade habería que engadir os gastos extraordinarios por reparacións ou actuacións que non se poden valorar a priori, ademais dos derivados das pólizas de responsabilidade civil e de aseguramento de contido/continente das instalacións municipais.

A partida máis importante dos gastos que xera o mantemento do campo da Lomba é, dende longo, a correspondente á electricidade (2.500 euros), á que segue o mantemento vexetal e o control de plagas da herba (1.500 euros). O resto son gastos ordinarios de mantemento, distintos subministro se persoal. O custe do mantemento xeral ao cabo do ano é pois de algo máis de 60.000 euros.

Na reunión que hoxe mantivo o goberno municipal cunha ampla representación do club arlequinado tratáronse varios temas pendentes. Un deles, a construcción duna nova cantina, que sufragará a Deputación baixo proxecto do Concello, e por iso ambas partes –técnicos municipais e directivos do Arousa- se reunirán o vindeiro luns a fin de definir esta instalación que pasará a formar parte do patrimonio municipal no campo da Lomba. En principio, as obras deberían estar rematadas antes do 31 de marzo.

Hoxe, o goberno local volveu reiterar o seu compromiso de que todo o deporte local conte cun novo campo de fútbol, para o que leva xa tempo xestionando tanto o seu emprazamento coma o financiamento. Con iso, o Concello e a Fundación confían en aliviar un pouco o complicado encaixe de horas que solicitan os distintos clubs, Arousa incluído. Para o que resta de ano, o Arousa xa sabe que poucos cambios haberá porque as instalacións dispoñibles son as que son e todos teñen que adaptarse a iso.

En canto á coincidencia de partidos de Arousa e Arousana, o goberno local trasladoulles aos directivos o que xa comentaron máis dunha vez: os calendarios son unha cuestión da Federación Galega de Fútbol, no que pouco influír a Fundación de Deportes. De feito, non é a primeira vez que establecendo un calendario inicial no que ambos clubs non coincidían, logo un aprazamento ou calquera outra circunstancia pode variar ese calendario. Con todo, a Fundación volverá a mediar ante a Federación para evitar na medida posible estas situacións.

Por último, e en canto ao recente caso das queimaduras de varios xogadores, na reunión quedou claro o convencemento de que foi o uso abusivo de cal ou causante das feridas. Para evitalo nun futuro, o Concello adquirirá pintura especial para herba. Esta solución se aplicará cando as condicións metereolóxicas sexan adversas.




LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

O CONCELLO ANULA AS ACTIVIDADES EN TODAS AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E PECHA OS PARQUES ANTE A ALERTA LARANXA

O Servizo de Protección Civil e Emerxencias precintou os parques e a Fundación porá avisos en todos os campos e pavillóns municipais Vilagarcía, 14 de febreiro de 2014.- O Concello vén de adoptar diferente medidas de precaución ante os fortes ventos que xa están abatendo a cidade e que se manterán durante toda a xornada, segundo os servizos meteorolóxicos. Ante a alerta laranxa activada polas autoridades autonómicas, a Fundación de Deportes suspendeu todas as actividades deportivas en instalacións municipais e o departamento de Medio Ambiente ordenou pechar os parques do Castriño, Compostela e A Concha. A suspensión das actividades deportivas nas instalacións municipais afecta tanto aos espazos abertos como aos pavillóns e ten como obxectivo previr riscos na práctica deportiva ao aire libre así como evitar desprazamentos en condicións meteorolóxicas tan adversas como as que se están a rexistrar. Cómpre salientar que pola tarde son maioritariamente nenos e nenas os que fan uso das instalacións deportivas municipais a través das actividades extraescolares e das que organizan a Fundación os clubs deportivos. Tamén como medida de precaución, o concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Longa, ordenou pechar os parque de Compostela, Castriño e A Coca debido ao efectos que os fortes ventos puideran ter nas árbores destas zonas verdes. Prégase aos cidadáns que respecten os peches para evitar riscos innecesarios.

LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget