06/18/14
.redirección @_sonwall @A_Xunqueira @AArousana @af7 @AROSASCOFICIAL @AugustoMetztli @BenjamínRey @bni_espana @C_Cambados @CineClubÁdega @ClubArousa @ClubeOlimpic @clubjuvcambados @clubvilagarcia @CNVilagarca @CofradiaSegundaEstacion @concello_sxx @ConcelloCatoira @concelloriveira @ContraVentoEMarea @CorticataTuris @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @dalle_q_dalle @DiegoAlcaineT @Dr_PedroLago @EloypugaSantaya @Emprendevga @EscolaMúsicaCODA @EsquerdaUnida @evasotoconde @FECA @festivaldonorte @GaelicoGalego @GatoNegro @GatoNegroCarril @happydayTVG @HipotalamoFilms @ikifindik @InfoSalnes @ivanferreiro @JesúsBemposta @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @launionoficial @Liceo_BBC @Lua_tkd @LuisDiazDevesa @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @mariaxosesilvar @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @modepen @Nydia @Oralice.Silva @OsIngleses @pcvilagarcia @pensionazo_no @PerladeArousa @PesDeBarro @PilarGBuhigas @portovilagarcia @prazadaverdura @ProyectoHombre_ @RefugioCambados @Revenidas @Revenidas fiesta @RockinVila @SomosABANCA @somosmaioria @SomosNupa @teatroclamide @TendaGalegBembo @Tricicle @Turbolaser_ @Turismo_Grove @VilagarciaRC @Vilanova @Xunta @zonaaberta #empleo #emprego #RockinVila2018 #StephenHawking 2016 9turismo actividades actual actualidad AECC agenda AGENDA PASADA DE VILAGARCÍA agricultura agua Ahituvi ahorrar AIlla ajedrez albariño Angrois animales aniversario ANPAS APobra app arousa AROUSA.TV audiovisual tlf 644477922 ArousActívA arousatv arqueología arte asamblea asociación atletismo audio audiovisual autismo autobus autónomo aventura baile Balansiyaá ballet balocesto baloncesto Bamio basket BATA Bernardo del Río Boiro borrar boxeo Cabalgata Caldas Cambados Camelia cáritas carnaval Carril Carríl Catoira celebración CEM charla ciclismo ciclísmo ciencia cine CINE PASADO DE VILAGARCÍA cinepasado circo ciudad coche coda colaboración colegio combate comedia comercio concello concierto concurso conferencia convocatoria cooperativa coro Cortegada Coruña crear creativos crónica crucero Cuca cultura Cuntis curso cursos dana danza debate delito deporte destacada desTapa Día de La Música directo diseño diversidad documental droga eclipse ecología economía educación elecciones emergencias empleo emprego emprender empresa En Positivo encuesta energía EnPositivo entrenar entrevista entroido ESARTEC escultura españa espectáculo evento excursión exhibición exposición Fariña feria FernandoSalgado FestaDaAuga festas festival fexdega fiesta fiestas fitur floristería folclore folkclore formación fotografía Freedonia fútbol fútbol.deporte Galicia GAPSI gastronomía Gonzalo Arca Google Grove guía GUÍA DE SERVICIOS DE VILAGARCÍA hamburguesería historia homenaje hostelería hotel humor igualdad Illa incendio infancia infantil info@arousatv.com www.arousatv.com Productora audiovisual. informática inmobiliaria inscripción integración internacional interprovincial interurbano invertir juego juguetería junio juventud lantero Laxe Legum lencería Liceo literatura lnfedema lugares Luis Diaz LuisDiazDevesa madre Maios manifestación manifesto mar mascotas Meaño mellorar menu mercado mercaso Mestre Mateo MiCiudadFavorita mobilidad moda moda infantil Momo motor motos movil mujer mundo musica música musical nacional Nadal narcotráfico natación naturaleza Navidad negocio noches nocturno normativa noticia noticias novas Nydia O Grove obras ocio ofertas OGrove ONG opinión OSalnés otros padel Padrón Paisaje parque parques Pasa en España patrimonio película peluquería pensiones peregrino pintura piragüismo piscoloxía planeta playa podólogo poesía policia política Pontevedra Portonovo Portugal Postales premio premios prensa procesión promoción puerto puertos radiocontrol redes religión remo restaurante resumen Rianxo Rías Baixas Ribadumia Ribeira Riveira romería rugby Salnés salúd salvamento San Roque sanidad SAntiago Sanxenxo seguridad seguridad. policía seguros semana SemanaSanta serie servicios sociales sociedad solidaridad sorteo sucesos sucesos @AndreaFdezManeiro taekwondo teatro tecnología tecnoloxía telefono television televisión tenis terrulia tertulia tintorería TodosconLua‬ trabajo traballo tradición Trafico tráfico transporte tren turismo urbano vagalume vela verano video Vídeo Vilagarcía Vilanova Vilaxoan Vilaxoán vivienda vivirsinpermiso voluntariado web xadrez Xiabre xl


A ESCOLA UNITARIA DE ARALDE E O CEIP VILAXOÁN GAÑAN O VIII PREMIO PARA A
IGUALDADE NA ESCOLA


O xurado salientou a calidade dos seis proxectos que concorreron ao concurso

Vilagarcía, 18 de xuño de 2014.- O proxecto presentado pola Escola Unitaria de Aralde-Sobrán foi o gañador da oitava edición do Premio para a Igualdade na Escola "IgualDá" convocado polo Concello de Vilagarcía dende a súa Área de Igualdade. O xurado tamén acordou conceder o segundo premio á iniciativa elaborada de forma conxunta pola ANPA e o CEIP Vilaxoán. Os dous centros recollerán mañá os premios, dotados con 1.000 e 5000 euros respectivamente, nun acto a celebrar no Concello.

Con este certame, a área que dirixe a concelleira Ángeles Rodríguez, pretende educar e sensibilizar á poboación dende a infancia e nas distintas fases do ensino sobre a igualdade e a corresponsabilidade entre xéneros e erradicar a violencia de xénero a través de proxectos educativos a desenvolver nos centros de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato do municipio.
Este ano presentáronse ao concurso seis proxectos educativos: un presentado por unha ANPA, tres por centros educativos, e dous deles, conxuntamente pola ANPA e o centro educativo. Segundo a avaliación realizada polo xurado, tódolos proxectos, desenvolvidos ao longo do curso que está a piques de rematar, destacan pola súa calidade e por cinguirse aos obxectivos da convocatoria. Os criterios de valoración polos que se guiou o xurado para fallar o Premios serán a calidade e o carácter innovador das propostas, a capacidade de implicar a outros membros da comunidade educativa, a coherencia coas actuacións propostas, a transferencia de resultados á práctica docente cotiá, e a sinerxia da propostas.

"A corresponsabilidade e a coeducación en Aralde" é o título do proxecto que fico merecedora á EEI Aralde-Sobrán de gañar esta edición do certame. A proposta foi dirixida pola directora da escola, e posto en marcha polo profesorado da mesma xunto cos pais e nais do centro. É un proxecto que integraron dentro da súa programación anual, no que, a través de actividades cotiás na escola, e tamén a través de xogos, contos, composición de cancións, implicación das familias en actividades concretas deseñadas a prol da igualdade, permitiralles aos nenos e nenas a reflexión sobre o papel de homes e mulleres na sociedade.
Esta iniciativa traballa a corresponsabilidade, os roles e estereotipos (na vida diaria, nos xogos e xoguetes, nas tarefas domésticas…), a visibilidade das mulleres, a educación emocional e a implicación dos pais na vida do centro, fomentando ademais o seu papel como coidadores, que tradicionalmente estaba asociado só ás nais.

O segundo premio foi para a ANPA do CEIP Vilaxoán, en colaboración co profesorado, e leva por título "Meu pai cóidame". Esta iniciativa partiu da ANPA e contou coa colaboración de todo o profesorado do centro.
O eixo central deste proxecto é enfrontar aos rapaces e rapazas a situacións cotiás para que reflexionen acerca do papel que ocupan homes e mulleres na sociedade con obxectivo de mellorar a convivencia. A iniciativa integrouse no Plan de convivencia do colexio e centrouse no fomento da corresponsabilidade, a través de fomentar a participación da figura masculina no ámbito educativo. Isto serviulles ademais para traballar o respecto á identidade das mulleres, os roles e estereotipos sexistas na vida cotiá, eliminar posibles estereotipos sexistas do currículo oculto e educar para previr a violencia de xénero mediante o desenvolvemento de habilidades para a resolución pacífica dos conflitos.
Os outros catro proxectos que concorreron ao concurso foron "Proxecto educativo para a Igualdade", do CEIP Rubiáns; "O cambio está nas nosas mans", da escola Infantil A Galiña Azul; "Xornadas de Igualdade no Anexo", da Anpa Doutor Fleming e o CEIP Anexo A Lomba; e "Somos diferentes. Somos iguais", da Anpa do Vagalume.

O xurado estivo composto pola Concellería da Área de Igualdade, Ángeles Rodríguez, a Concelleira de Educación, Rocío Llovo, unha persoa do Consello Local da Muller e outra do Consello Escolar Municipal.

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget