09/09/14
_evento @BenjamínRey @ClubArousa @ClubeOlimpic @ConcelloCatoira @concelloriveira @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @d4m14n_89 @DaniBFriends @DanielBarreiro5 @derbyvilagarcia @diadermin @DiarioArousa @DiegoAlcaineT @djkicovilla @doadoressangue @dornaFG @DosEspacios @Dr_PedroLago @EdGalaxia @EduardoAldan @Emprendevga @En_Marea @erguergaliza @Escena_Galega @EsquerdaUnida @EUVilagarcia @evasotoconde @FCBarcelona‏ @FCBarcelona_es @FECA @Fernando_Mesa_ @festivaldonorte @ficcionProduc @FrancisWhiter @gadis @GaelicoGalego @galicine @GatoNegro @GatoNegroCarril @GrooveAmigos @happydayTVG @harbourvilla @HipotalamoFilms @HotelCarril @InfoSalnes @ivanferreiro @JakeShaneMusic @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @LaBolsa @laduendeneta @LatexosdTurismo @launionoficial @Liceo_BBC @LitaCabellut @LOOPSANDCOFFEE_ @Lua_tkd @luciourtubia15 @LuisDiazDevesa @LuisRoyoOficial @malqueridavilla @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @MiguelEyré @miki_dkai @miniadelrio @mpereiros @noscgalega @novcarminha @Nydia @OBarbanza @obloque @OFaiadoDaMemoria @OlaiaFdezDavila @OsMecos @OsonhodeLilith ‏ @pcvilagarcia @PerfectStrangers @PlanSiberia @PlatEstEscuelaP @podemosarousa @portAmerica @portovilagarcia @PPdeVilagarcia @prazadaverdura @ProtectoraVilagarcia @PSOEVilagarcia @Puerto_Flamenco @QuiqueSanfran @radioarosaSER @RCCelta @Revenidas @Revenidas fiesta @RichiRisco @RockBarMiudo @SamáVilagarcía @sogaps_oficial @SomosABANCA @somosmaioria @soutoncas @teatroclamide @tequexeteldere @ticketea @Tricicle @trivilagarcia @Turbolaser_ @turisriasbaixas @UllaUmia @unionromani @urdimeescenicas @UrtubiaLucio @VilagarciaRC @Vilanova @XabierRios @xatouri @zonaaberta 8M actividad acto agenda Ahituvi AIlla albariño anuncio Arousa arte audio autobus aviso Boiro Caldas Cambados Catoira celebración cine comercio concurso Cortegada crónica cultura Cuntis Curtas deporte destacado ecología economía educación empleo encuesta EnPositivo entrevista entroido escena España evento evento_ evento: expo exposición FestaDaAuga fiesta folclore formación fotografía full_title Galicia gastro gastronomía Grove guía GuíadeArousa historia hostelería infantil información internacional literatura lunes mecenas menú MiCiudadFavorita mujer música noticias oferta OGrove OSalnés parque patrocinador patrocinador1 patrocinador2 patrocinador3 podcast política Pontevedra portada Portonovo premio procesión producción profesional promo radiocontrol Rianxo Rías Baixas Ribeira Riveira Salnés salud salvamento San Roque SanRoque Sanxenxo servicios social sociedad solidaridad sucesos televisión trabajo transporte turismo vídeo Vikinga Vilagarcía Vilanova ZonaAberta

Instrumentos musicales y equipos de sonido en Vilagarcía, Avda Juan Carlos I 42. tel 986501597

Venta de instrumentos, libros y material. Reparación de instrumentos acústicos, eléctricos. Alquiler de sonido e iluminación|

DUENDE INSTRUMENTOS MUSICALES

Avda. Juan Carlos I, nº 42 · 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

tlf.: 986501597
duendemusica@duendemusica.com

www.duendemusica.com

Si amas la música, te invitamos a que nos conozcas
Venta de instrumentos, libros y material.
Reparación de instrumentos acústicos, eléctricos...
Alquiler de sonido e iluminación

OS APARCAMENTOS DAS RÚAS POLAS QUE PASA A VOLTA CICLISTA DEBERÁN
QUEDAR LIBRES ANTES DAS 11 DA MAÑÁ DO XOVES

A regulación do tráfico comezará sobre as 13:10 horas para facilitar o paso da caravana organizativa

A circulación cortarase totalmente quince minutos antes da chegada dos ciclistas, sobre ás 14:45 horas

A Policía prega que se sigan as recomendacións e que se usen as rutas alternativas que estarán sinalizadas
Policía e Emerxencias coordinaron o dispositivo a realizar


Vilagarcía de Arousa, 9 de setembro de 2014.- A Policía Local xa ten preparado o dispositivo especial para o paso por Vilagarcía da Volta Ciclista a España este xoves, 11 de setembro. Para garantir o normal desenvolvemento da proba deportiva, os estacionamentos das rúas do percorrido deberán quedar libres antes das 11 da mañá nos tramos previamente sinalizados. A regulación especial do tráfico comezará sobre as 13:10 horas para proceder ao peche total minutos antes do paso dos corredores, aproximadamente a partir das 14:45 horas.

Responsables e mandos da Policía Local e Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias mantiveron esta mañá a última reunión de coordinación para o dispositivo especial que conleva o paso da Volta Ciclista por Vilagarcía. Os ciclistas entrarán en Vilagarcía por Bamio, procedente de Catoira, pasará por Carril e adentrarse en Vilagarcía pola Avenida Rosalía de Castro para continuar por Juan Carlos I e Rúa San Roque. O pelotón xirará na rotonda da Luz Salgada para tomar pola Avenida Rodrigo de Mendoza e subir por Agustín Romero para comezar o ascenso a Lobeira.

Estas son as rúas que conforman o percorrido dos ciclistas pola cidade, aínda que a restrición de aparcamentos afectarán so a algúns tramos delas. Estas zonas xa están sinalizados con valas e carteis informativos advertindo da medida e os horarios nun tramo de Juan Carlos I, noutro da Avenida Rodrigo de Mendoza á altura da illa das palmeiras e en Agustín Romero (entre a glorieta da Mariña española e o cruce con Matosinhos).

Retirada pola grúa

Os estacionamentos deberán estar completamente despexados nestas zonas antes das 11 da mañá. A partir desa hora, os vehículos que permanezan nestes puntos serán retirados pola grúa.

Segundo as previsións da organización da Volta, a regulación especial do tráfico iniciarase ao redor das 13:15 horas con motivo do paso da caravana que acompaña á Volta Ciclista. Nese momento poranse os semáforos en ámbar intermitente e a Policía regulará os cruces principais. O tráfico permanecerá aberto pero darase prioridade aos vehículos da caravana tan pronto cheguen, a efectos de que pasen de forma continuada e o máis rápido posible.

Regulación e corte do tráfico

O tráfico non se pechará na súa totalidade polas rúas do percorrido ata uns 15 minutos antes de que empecen a chegar os corredores. Aínda que a previsión da organización é que a entrada en Vilagarcía se produza sobre entre as 14:59 e as 15:07 horas, a hora podería variar en función da velocidade á que vaia transcorrendo a proba. Así, sobre as 14:45 pecharanse todos os accesos as rúas incluídas no percorrido da Volta.

Para evitar problemas, a Policía prega a máxima colaboración de veciños e condutores. Solicítase aos veciños das rúas afectadas que non saquen ou intenten acceder aos garaxes destas zonas durante o prazo establecido e que eviten circular por elas dende as 13 horas para facilitar o paso da caravana.

Circunvalacións e desvíos alternativos

Tamén se recomenda que, na medida do posible, fagan uso de rutas alternativas polas rúas paralelas ou que fagan uso das circunvalacións. A Policía colocará paneis de advertencia nas entradas ás circunvalacións sur e norte (no vial portuario na rotonda do Rial, na de Pablo Picasso e na de Santa Mariña; e na norte na glorieta da gasolineira de Carril).

A Policía tamén sinalizará desvíos complementarios do tráfico para aqueles condutores con destinos paralelos ás rúas polas que pasa a Volta, como por exemplo dende Rivero de Aguilar a Moreira Casal, Vila Janer, López Ballesteros e A Torre.

Por último, prégase que se atendan as instrucións dos axentes da Policía Local e dos membros do Servizo Municipal de Emerxencias que serán os encargados de controlar o tráfico e garantir as medidas de seguridade durante o paso da Volta Ciclista.

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget