XLV MESA DAS VERBAS

Sábado 20 de Marzo, 19:30h, en Castelao 5

Xermán Manoel Torres- Nova convocatoria mensual da Mesa das Verbas, non esquecer a cita:

No Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía, na rúa Castelao, 5, este próximo venres, 20 de marzo e ás 19:30 h., un grupo de amantes da poesía ceibaremos os nosos versos ao ar. Todas as persoas que o desexen teñen as portas abertas do Liceo Casino para gozar da inspiración das Musas. Dedicaremos uns intres para admirar, lendo, declamando, escoitando uns fermosos sonetos escollidos. Aprenderemos da técnica e da estética do soneto. Estades todos invitados, vinde!

Lembrade tamén que o día 21 comeza a primavera neste hemisferio e no outro comeza o outono; coincidindo con estes fenómenos naturais celebramos o Día Internacional de Poesía.

Atoparémonos para ceibar os versos libremente ao ar, non faltedes!

Teremos, ese día, uns intres dedicados ao soneto.

Saúde e poesía,
Tlfno.: 986 50 19 19
 
Top