CHARLA O ESTADO DE BENESTAR. SITUACIÓN ACTUAL, DESAFÍOS E PROPOSTAS DE FUTURO

Sábado 25 de abril de 2015, 12:00h en Auditorio de Vilagarcía de Arousa

Entrada libre

Debate Estado de Benestar
Este tema entronca cun máis amplo, que é o modelo de Estado de Benestar, que engloba educación, sanidade, servizos sociais, vivenda, igualdade, etc. Un concepto moito máis complexo que está de actualidade habida conta dos numerosos recortes que sufriu a sociedade española nos derradeiros seis anos.

Convidamos ás distintas organizacións políticas, sociais, persoas expertas na materia e a cidadanía, co obxectivo de discutir que modelo, reformas e desenvolvemento ou reestruturación do Estado de Benestar se propoñen.

Este debate terá lugar o sábado 25 de abril ás 12:00 na sala de conferencias do Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa, tendo como participantes as organizacións: Esquerda Unida, Equo Galicia e Podemos Arousa . Agradecemos de antemán a súa presenza aos distintos partidos e a todas aquelas persoas que queiran compartir as súas inquedanzas e opinións sobre dito tema.
 
Top