Empleo AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL EN VILAGARCÍA

O CONCELLO CONTRATARÁ A OITO AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL PARA UN PERÍODO DE CATRO MESES

O procedemento de selección é o de oposición libre

O plantel da Policía Local verase incrementado durante os meses de verán con oito novos axentes, unha vez que a Xunta de Goberno Local acordou levar a cabo a contratación de outros tantos auxiliares. Catro serán contratados do 1 de xuño ao 30 de setembro e outros catro, do 1 de xullo ao 31 de outubro. A titulación esixida é a corresponden aos funcionarios da categoría C2 (graduado en ESO, como mínimo).

A selección levarase a cabo mediante o procedemento de oposición libre. O prazo de presentación de solicitudes é de quince días naturais contados a partir de mañá, día 7. As bases que rexerán no proceso selectivo poderán consultarse no taboleiro de anuncios físico, na casa consistorial, e dixital, no portal municipal, www.vilagarcia.es.

Etiquetas:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget