SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

Lúnes 27 de abril de 2015, 17:00h, en el Salón de Sesións da Casa do Concello

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 30 de marzo de 2015.

2.- Aprobación, se procede, da Proposta da Alcaldía sobre o procedemento de sorteo dos membros das mesas electorais para as Eleccións Locais que se celebran o 24 de maio de 2015.

3.- Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de marzo de 2015.

4.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.

5.- Toma de coñecemento do manifesto presentado a iniciativa do Consello Local da Muller sobre recoñecemento á labor da ex-concelleira Dona Ramona Castaño López.

6.-Toma de coñecemento da liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio de 2014.

7.- Aprobación, se procede, de expediente de cambio de finalidade, crédito extraordinario e de suplemento de crédito.

8.- Aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de créditos nº 1/REC/2015.

9.- Ratificación, se procede, da memoria de actividades deportivas realizadas pola FPSDM durante o ano 2014.

10.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para a inclusión de cláusulas sociais nos contratos de obras do Concello de Vilagarcía de Arousa.

11.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre a adopción de varias medidas inmediatas para a mellora da mobilidade.

12.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para a creación de beirarrúas e a conexión Bamio-Carril.

13.- Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo municipal do BNG para o mantemento da Escola Unitaria (EEI) do Pedroso-Bamio.

14.- Interpelacións.

15.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

16.- Rogos e preguntas.

17.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.


NOTAS: Non se inclúe na orde do día a aprobación inicial do Plan Especial, xa que a aprobación inicial corresponde ao Alcalde e a aprobación definitiva corresponde ao Pleno. (Achégase informe da Secretaria Xeral)

Xunto coa convocatoria do Pleno remítense os impresos de declaracións de bens e actividades que deben ser cubertos polos Concelleiros ao final do mandato e entregados en Secretaría (Departamento de Actas) antes do día 24 de maio de 2015.
 
Top