18h Sábado en Auditorio Vilagarcía. Entrada libre. 

LXXVI Mesa das Verbas

Compráceme comunicarvos que o vindeiro sábado, 18 de novembro, ás 18:00 h., na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa, celebraremos unha nova edición da nosa Mesa das Verbas. Vai ser unha Mesa especial, xa que ao final dela, o noso amigo e compañeiro, Manuel Lage vai presentar o seu poemario SOBREPOESÍA e tamén xunto a uns seus amigos vannos ofrecer algúns momentos musicais.

Presentación do Libro Poemario "Sobrepoesia" (Manuel Lage Touriño), e do
Grupo de Bossa Nova/Jazz, na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Vinde gozar dos versos e da música que imos ceibar no ar de Arousa, o 18 ás 18 quedamos citados.

Apertas agarimosas. SAÚDE E POESÍA,

Xermán Manuel Torres

18nov 2017
noviembre 2017


 
Top