O Faiado da Memoria estrena sede en Praza de Ravella

A asociación O Faiado da Memoria estrena sede en Praza de Ravella cunha exposición de fotografía 

"Témosvos que comunicar que O FAIADO DA MEMORIA ten un novo espacio, e esta vez non se trata dun virtual, senón real, tocable, e que queremos compartir con todos vos.

Por fin, logo de dez anos de ter comenzado esta andaina con todos vos agora fumos quen de ser capaces de conseguir un anaco de Vilagarcia para ter as nosas cousas, para que veñades a visitarnos, para que poidades traer as vosas fotos e películas, para sentarnos a falar, para traballar no silencio que escollamos, para que veñades a ver fotos e recoñecelas, tamén a pedilas, claro….

¡Estamos felices, radiantes!

A partir do luns, día vinteseis, estades todos invitados a coñecer o nova casa do FAIADO.

Nela tamen poderán celebrarse actos que non sexan nosos, asociacions, particulares, empresas, artistas, etc ten a casa a súa disposición para realizar nela exposicions, presentacións, roldas de prensa, charlas, proxeccións. etc

¿E donde estamos… pois no centro de Vilagarcía, na PRAZA DE RAVELLA, 27, primeiro piso.

Para visitalo só tedes que premelo botón do timbre e serás benvido/a.

Agora o mundo da Cultura ten un novo espacio da man do FAIADO DA MEMORIA."

O Faiado da Memoria


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget