"Lamentamos que o Goberno empregue unha petición para fomentar a confrontación": Por unha marea na Vila

Dende Por unha marea na Vila lamentamos que o Goberno Local empregue unha petición de rigor para fomentar a confrontación

Lamentamos que o Goberno local, lonxe de dar explicacións ou pedilas a quen considere que debe dalas, acuse a Por unha marea na Vila de alarmista, simplemente por pedir o que tería que facer calquera goberno municipal responsable.

Queremos lembrarlle ao goberno que se existe algún tipo de alarmismo con respecto á auga nos centros de ensino é polos resultados das analíticas da auga do Colexio de Carril, non polo que digamos dende Por unha marea na Vila.

De feito, unha vez que se comunicaron os resultados destas analíticas, dende Por unha marea na Vila pedimos que se fixeran análises en tódolos centros de ensino público, que coincide coa petición dalgunhas ANPAS, e ao que goberno respondeu anunciando que encargaría a realización destas análises á empresa Espina & Delfin, responsable da calidade das augas en Vilagarcía.

Consideramos que o rigor é fundamental no exercicio público. O concepto de conflito de intereses é claro e non entendemos a resposta á defensiva do goberno con tal de obvialo. O único que fai Por unha Marea na Vila é pedir o razoable, que ante o conflito de intereses evidente as analíticas as faga unha entidade independente, si é publica mellor. O Que pretende o goberno é como pedirlle a o propietario dun vehículo que se faga el mesmo a ITV.

Non admitimos que o goberno nos acuse dunhas insinuacións respecto á empresa Espina & Delfín que non existen, a argumentación do Goberno Local roza a demagoxia. Por certo, Espina & Delfín non é unha empresa pública, senón que por contrato é responsable da calidade da auga de consumo que se subministra no concello, resulta incongruente que o goberno nos acuse de querer externalizar un servizo que xa está externalizado, por un PSOE que fixo un contrato con esta empresa de mais de 25 anos. Informamos ao Goberno Local que, por suposto, Por unha Marea na Vila leva
demandando que a Xunta actúe para corrixir o estado de grave abandono do Colexio de Carril

Lamentamos que ningún goberno, nin local nin autonómico, se preocupase por esta situación ata que o fixeron dende a ANPA. Só trataron de lanzarse responsabilidades escorrendo o problema e deixando en mans, unha vez máis, da cidadanía a obriga de resolvelo. A día de hoxe nin a Xunta nin Ravella contestaron con claridade a ningunha das cuestións que aínda están encima da mesa:

  • 1. Quen ten a responsabilidade da xestión e calidade das augas no Colexio de Carril e do resto de centros de ensino de Vilagarcía?
  • 2. Cal é o protocolo que establece o organismo responsable para cumprir coa lei e garantir a calidade do subministro da auga nos centros que están baixo a súa xestión?
  • 3. Como é posible que chegase a duplicar os valores permitidos de ferro? Canto tempo pasou dende a última análise?
  • 4. Cal é a situación actual dos centros públicos da Vila?
  • 5. No caso de que algún destes centros sexa responsabilidade do concello: quen se fai cargo? O Concello, Espina & Delfín? Nese caso, cal é o contrato do Concello para o control desa auga?
  • 6. O concello recibe algunha información sobre os resultados das análises dos centros baixo a súa responsabilidade, se os houbera? Cal é o protocolo en caso dun incumprimento?
  • 7. En aras da transparencia, solicitamos se publiquen os datos das últimas análises realizadas.



Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget