Por unha Marea na Vila solicita que fagan público o histórico das analíticas de auga dos centros de ensino

Por unha Marea na Vila Solicita a inmediata solución aos problemas do centro escolar de Carril e demandamos que se proceda a analizar a situación da saúde da auga no resto de escolas da mesma antigüidade.

Dende Por unha Marea na Vila sumámonos á indignación do colectivo de nais e pais de Carril ante os lamentables feitos que se coñeceron esta semana, é intolerable que durante anos os nenos e nenas de Carril estiveran consumindo auga insalubre sen que ningunha administración tivera actuado ao respecto, compre solucionar o problema pero tamén depurar as responsabilidades para que isto non se repita.

En segundo lugar, dende por unha Marea na Vila queremos recordar tódolos problemas que tivo o centro nos últimos anos, dende a retirada do amianto ata o cambio de teitos, as necesarias obras de illamento ou no sistema eléctrico, para rematar con este lamentable esperpento da situación da Auga.

Todo isto parece indicar que a necesidade é construír un edifico novo, estamos ante un edificio enfermo e os nenos e nenas de Carril merecen un edifico en óptimas condicións, feito que so se poderá garantir con un novo centro. Queremos recordar que unha vez mais estes problemas soamente se dan nos centros públicos, a consecuencia da falta de investimento e a aposta pola concertada e a privada que fai a Xunta de Galicia.

Son moitas as dúbidas que xera a revelación da situación do Colexio de Carril, e especialmente graves ao tratarse dunha cuestión de saúde pública. Cal é o protocolo para comprobar a calidade da auga nos centros de ensino? Este caso evidencia a falta de planificación e o desleixo das administracións competentes, posto que se existiran controis periódicos actuaríase sen que fora necesaria a denuncia da ANPA.

Por todo isto dende Por unha Marea na vila solicitamos que de xeito inmediato se realicen as analíticas oportunas en tódolos centros públicos do concello, con especial incidencia en todos os que superen os 20 anos de antigüidade. Ademais cremos que para coñecer as responsabilidades deben facerse públicas tódalas analíticas de auga do centro nos últimos 10 anos, si é que existen.


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget