Esquerda Unida demanda o remate das obras da Avenida López Ballesteros

"O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia o desleixo do goberno local e esixe que este fiscalice o traballo das empresas concesionarias de obras para evitar incumprimentos. O último episodio deste tipo produciuse no barrio dos Duráns.

Pero non é a primeira vez que o executivo de Varela actúa de xeito similar, consentindo unha situación cuxos efectos padece, en último caso, a veciñanza.

Cando pasaron apenas unhas semanas do anuncio do goberno local de humanizar o barrio dos Duráns, os feitos demostran que se trata dunha nova declaración de intencións con afán publicitario. O pasado mes de xaneiro, unha avaría provocou a rotura dunha canalización de auga na Avenida López Ballesteros. Despois de arranxar o problema concreto, a concesionaria responsable da obra non só tardou semanas en retirar os refugallos amoreados na beirarrúa; senón que, pasados xa máis de dous meses, os traballos seguen aínda sen rematar.

Boa parte do vial que comunica os barrios dos Duráns e da Torre continúa, a día de hoxe, pendente de asfaltar. E é que, unha vez reparada a avaría, non se procedeu ao selado da gabia aberta no firme; que permanece cuberta unicamente por unha capa de xabre.

Ante este novo exemplo de desidia do goberno municipal, Esquerda Unida lamenta que o executivo
socialista consinta unha actuación que nunca tería permitido no centro de Vilagarcía. “Solicitamos que a obra se remate de forma correcta o antes posible; pois do contrario teremos que supoñer que o goberno local continúa considerando á poboación dos Duráns como veciños de segunda”, indica a formación que lidera Jesús López."

Comunicado de Esquerda Unida Vilagarcía


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget