Constituida a Mesa do Turismo da provincia de Pontevedra
O sector privado participará nas próximas citas de promoción turística da institución provincial en Barcelona e Lisboa
A mesa provincial de turismo foi creada ao amparo do Plan Estratéxico de Turismo que fixou as liñas mestras da actuación da Deputación neste sector e está conformada por:
- Clúster de Turismo de Galicia
- Federación Provincial de Hostaleira
- Turismo de Galicia (Xunta de Galicia)
- Aaeroporto de Vigo
- GDR Pontevedra Norte
- GAL Ría de Arousa
- GDR Baixo Miño
- Ruta do Viño Rías Baixas
- Centro de ensino Manuel Antonio
- Centro de ensino Carlos Oroza
- Concello de Vigo
- Concello de Pontevedra
- Concello de Baiona
- Concello de A Guarda
“que aprobouse sumar á promoción ademais do habitual ‘Rías Baixas’, unha marca consolidada no tempo e moi coñecida, a de `Pontevedra Provincia’, que abarca máis que o contido tradicional da marca de Rías Baixas”.
Posteriormente a Presidenta da Deputación presentou un informe sobre as actuacións que está levando a institución provincial na promoción e difusión, como foron as distintas presentacións do destino a nivel nacional e internacional. Amais Silva informou os presentes sobre as dúas iniciativas vinculadas a comercialización e a promoción online, dentro do proxecto “Turis-Tic”, para o uso das novas tecnoloxías no sector turístico.
Por outra parte, a directora do aeroporto de Vigo, Ana Molés, incidiu na necesidade de promoción da provincia nos destinos cos que existen conexións aéreas, aspecto no que coincidiu a Presidenta ao destacar que “é unha vantaxe competitiva contar con rutas de avión fronte a outros territorios que non contan con esta posibilidade de atraer turistas”.
Tamén a mesa aceptou a proposta do Clúster de Turismo de acompañar a promoción en destino que fai a Deputación coa participación do propio sector privado mediante a celebración de “workshops”. Silva xa anunciou que as promocións en Barcelona e Lisboa, que son as dúas próximas citas da institución provincial para a presentación do destino, participe xa o sector privado.
Por último, Carmela Silva subliñou que a próxima mesa do camiño convocada para o próximo día 14 se volva a incidir na necesidade de promocionar e sinalizar as distintas rutas do camiño de Santiago o seu paso pola provincia de Pontevedra “sumando sinerxias entre todos”.
Gabinete de Prensa Deputación de Pontevedra
Suscríbete a Arousa TV por correo
Publicar un comentario