17h jueves, política en Vilagarcía. Entrada libre 

Pleno Municipal ordinario Vilagarcía 


SESIÓN PLENARIA ORDINARIA
C O N V O C A T O R I A

Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 30 de agosto de 2018, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA
  • 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 28 de xuño e 26 de xullo de 2018.
  • 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes xullo de 2018.
  • 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
  • 4. Aprobación, se procede, do expediente nº 2/REC/2018 de recoñecemento extraxudicial de créditos.
  • 5. Aprobación, se procede, da declaración de utilidade pública municipal das obras de reforma da 5ª planta da Residencia Divina Pastora.
  • 6. Aprobación inicial, se procede, do Regulamento da venda ambulante no Concello de Vilagarcía de Arousa.
  • 7. Aprobación, se procede, da solicitude de recoñecemento ante a Consellería do Medio Rural, como variedade autorizada de uva tipo folla redonda e do viño que con ela se elabora (proposta remitida polo Concello de Ribadumia).
  • 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP de adopción de melloras urxentes en materia de seguridade vial na Rúa Os Anxos de Carril.
  • 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de somos Maioría pola defensa da Sanidade Pública do Salnés.
  • 10. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
  • 11. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
  • 12. Rogos e preguntas.
  • 13. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
30ago
agosto 2018

 
Top