0

20h viernes en Seminario Auditorio Vilagarcía. Entrada libre 


Asamblea aberta MareaDaVila  


Dende Marea da Vila convocamos á veciñanza a unha nova asemblea aberta que terá lugar o próximo venres 30 de novembro a partir das 20:00H no seminario 2 do Auditorio de Vilagarcía.

Marea da Vila é un espazo que nace con vocación cidadá, por iso as asembleas están pensadas
para a participación da veciñanza, en igualdade e na busca dun consenso amplo sobre o que
construír unha alternativa para Vilagarcía. Entre os puntos a tratar na asemblea deste venres,
está a aprobación do manifesto fundacional de Marea da Vila que supón unha porta aberta á
participación e o apoio das persoas que sintan como súas as liñas fundacionais deste espazo.

Facemos un chamamento, a veciñanza e axentes sociais, a sumar e traballar para que a partir
de maio o Concello de Vilagarcía sexa tamén o Concello da xente, tal e como veñen amosando
os concellos que se gañaron para a cidadanía en maio de 2015 #MareaDaVila

30nov
noviembre 2018

Publicar un comentario

 
Top