03/06/18
.redirección @_sonwall @A_Xunqueira @AArousana @af7 @AROSASCOFICIAL @AugustoMetztli @BenjamínRey @bni_espana @C_Cambados @CineClubÁdega @ClubArousa @ClubeOlimpic @clubjuvcambados @clubvilagarcia @CNVilagarca @CofradiaSegundaEstacion @concello_sxx @ConcelloCatoira @concelloriveira @ContraVentoEMarea @CorticataTuris @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @dalle_q_dalle @DiegoAlcaineT @Dr_PedroLago @EloypugaSantaya @Emprendevga @EscolaMúsicaCODA @EsquerdaUnida @evasotoconde @FECA @festivaldonorte @GaelicoGalego @GatoNegro @GatoNegroCarril @happydayTVG @HipotalamoFilms @ikifindik @InfoSalnes @ivanferreiro @JesúsBemposta @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @launionoficial @Liceo_BBC @Lua_tkd @LuisDiazDevesa @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @mariaxosesilvar @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @modepen @Nydia @Oralice.Silva @OsIngleses @pcvilagarcia @pensionazo_no @PerladeArousa @PesDeBarro @PilarGBuhigas @portovilagarcia @prazadaverdura @ProyectoHombre_ @RefugioCambados @Revenidas @Revenidas fiesta @RockinVila @SomosABANCA @somosmaioria @SomosNupa @teatroclamide @TendaGalegBembo @Tricicle @Turbolaser_ @Turismo_Grove @VilagarciaRC @Vilanova @Xunta @zonaaberta #empleo #emprego #RockinVila2018 #StephenHawking 2016 9turismo actividades actual actualidad AECC agenda AGENDA PASADA DE VILAGARCÍA agricultura agua Ahituvi ahorrar AIlla ajedrez albariño Angrois animales aniversario ANPAS APobra app arousa AROUSA.TV audiovisual tlf 644477922 ArousActívA arousatv arqueología arte asamblea asociación atletismo audio audiovisual autismo autobus autónomo aventura baile Balansiyaá ballet balocesto baloncesto Bamio basket BATA Bernardo del Río Boiro borrar boxeo Cabalgata Caldas Cambados Camelia cáritas carnaval Carril Carríl Catoira celebración CEM charla ciclismo ciclísmo ciencia cine CINE PASADO DE VILAGARCÍA cinepasado circo ciudad coche coda colaboración colegio combate comedia comercio concello concierto concurso conferencia convocatoria cooperativa coro Cortegada Coruña crear creativos crónica crucero Cuca cultura Cuntis curso cursos dana danza debate delito deporte destacada desTapa Día de La Música directo diseño diversidad documental droga eclipse ecología economía educación elecciones emergencias empleo emprego emprender empresa En Positivo encuesta energía EnPositivo entrenar entrevista entroido ESARTEC escultura españa espectáculo evento excursión exhibición exposición Fariña feria FernandoSalgado FestaDaAuga festas festival fexdega fiesta fiestas fitur floristería folclore folkclore formación fotografía Freedonia fútbol fútbol.deporte Galicia GAPSI gastronomía Gonzalo Arca Google Grove guía GUÍA DE SERVICIOS DE VILAGARCÍA hamburguesería historia homenaje hostelería hotel humor igualdad Illa incendio infancia infantil info@arousatv.com www.arousatv.com Productora audiovisual. informática inmobiliaria inscripción integración internacional interprovincial interurbano invertir juego juguetería junio juventud lantero Laxe Legum lencería Liceo literatura lnfedema lugares Luis Diaz LuisDiazDevesa madre Maios manifestación manifesto mar mascotas Meaño mellorar menu mercado mercaso Mestre Mateo MiCiudadFavorita mobilidad moda moda infantil Momo motor motos movil mujer mundo musica música musical nacional Nadal narcotráfico natación naturaleza Navidad negocio noches nocturno normativa noticia noticias novas Nydia O Grove obras ocio ofertas OGrove ONG opinión OSalnés otros padel Padrón Paisaje parque parques Pasa en España patrimonio película peluquería pensiones peregrino pintura piragüismo piscoloxía planeta playa podólogo poesía policia política Pontevedra Portonovo Portugal Postales premio premios prensa procesión promoción puerto puertos radiocontrol redes religión remo restaurante resumen Rianxo Rías Baixas Ribadumia Ribeira Riveira romería rugby Salnés salúd salvamento San Roque sanidad SAntiago Sanxenxo seguridad seguridad. policía seguros semana SemanaSanta serie servicios sociales sociedad solidaridad sorteo sucesos sucesos @AndreaFdezManeiro taekwondo teatro tecnología tecnoloxía telefono television televisión tenis terrulia tertulia tintorería TodosconLua‬ trabajo traballo tradición Trafico tráfico transporte tren turismo urbano vagalume vela verano video Vídeo Vilagarcía Vilanova Vilaxoan Vilaxoán vivienda vivirsinpermiso voluntariado web xadrez Xiabre xl


Premia con 500€ en vales de compra a los clientes que compren estos días en los comercios asociados. 

La Asociación de Comerciantes de Vilagarcía presentó esta mañana su campaña del día del Padre, con el que quiere premiar la fidelidad de sus clientes con un sorteo de 500€ en vales de compra entre todos los tickets de compra en los comercios asociados. El sorteo se celebrará el 20 de marzo.

Suscríbete a Arousa TV por correo


Hai unha semana, en Vilaxoán, demos comezo a unha ruta para achegarnos á veciñanza e aos diferentes colectivos que conviven no noso concello e levar o proxecto de “Por unha Marea na Vila” polas parroquias e o rural. A intención é crear espazos de participación que teñan continuidade no tempo, posto que temos o convencemento de que unha Vila máis xusta, máis amable, próspera e inclusiva, só se pode construír xunto coa veciñanza.
A de Vilaxoán foi unha primeira toma de contacto e de escoita, na que xurdiron moitas e moi interesantes ideas. Pero, máis alá de temas concretos, esta xuntanza serviu para sacar algunha conclusión que hoxe os xornais confirman publicando as cifras concretas que reflicten o paulatino despoboamento do rural e das parroquias e que ten no de Vilaxoán o seu nome propio.

Como é posible que unha vila que sempre se caracterizou por un forte arraigamento e orgullo vexa diminuír ano tras ano a súa poboación cunha sensación entre tristura e impotencia?
Só hai que pasear por Vilaxoán para comprobar as nefastas consecuencias dunha serie de actuacións equivocadas. Sabémolo, a convivencia entre dúas institucións como o Concello e o Porto é complexa, e o balance moitas veces negativo. O de Vilaxoán non é un caso illado, a actual Vilagarcía é a consecuencia dunha concatenación de actuacións equivocadas, tanto sobre o patrimonio como sobre a fachada marítima, pero, no caso do centro téntanse corrixir, ata onde se pode e con maior ou menor acerto. Porque cando escoitamos ao goberno falar do seu “modelo de cidade”, estanse a referir precisamente a iso, á cidade, e mentres as parroquias e o rural agonían ante a ausencia dun modelo que as inclúa.

A isto hai que sumarlle a desaparición dalgunha das súas empresas máis emblemáticas, o que repercutiu na falta de expectativas laborais para a mocidade.
Pero tamén é certo que só hai que pasear por Vilaxoán, polas praias, pola zona vella, falar coa xente, escoitar que mañá xoga o San Martín ou pasar unha xornada nas Revenidas, para descubrir un enorme potencial desaproveitado.

Iso en Vilaxoán sábeno, lamentablemente o goberno parece non sabelo.
Vilaxoán precisa do seu propio proxecto a longo prazo. Un baseado nas súas potencialidades: as praias, a tradición mariñeira, o valor da zona antiga, pero, sobre todo, a súa xente.
As persoas que traballan nas institucións deberían comezar a substituír palabras como goberno e gobernar por palabras como cooperación, colaboración, tecer, escoitar. Pero no substituílas simplemente na lingua, senón como forma de xestión. Porque o latexo da Vila é a xente, e só a xente fará que avance.

Iso tamén o saben en Vilaxoán, por iso o venres empregáronse de maneira recorrente palabras como arraigamento e apego. O emocional como político. Fagamos política diso. Arraiguemos

Por unha Marea na Vila

Suscríbete a Arousa TV por correo

Por unha marea na vila esixe a Ravella que actúe na zona paseo marítimo e praias. O colectivo denuncia o mal estado das praias tralos temporais e a falta de accesibilidade en varios tramos do renovado paseo marítimo 

Por unha marea na vila denuncia o mal estado das praias de Vilagarcía tralos temporais das últimas semanas. Segundo os seus integrantes: “Ante a imaxe que presentan estes días as praias de Vilagarcía, cunha acumulación de esterco, paus e innumerables restos, dende Por unha Marea na Vila consideramos imprescindible que se realice unha limpeza extraordinaria de maneira inmediata, e outra ao rematar este ciclo de mareas vivas. Non se pode consentir que as praias presenten unha estampa tan lamentable e que sexan veciñas as que de maneira voluntaria estean a tratar de corrixir as consecuencias destas semanas de complicada meteoroloxía, ante a inacción do goberno local. Esperar á proximidade da Semana Santa, como indicou o concelleiro Lino Mouriño, é un síntoma de que dende o concello consideran secundarias as tarefas do mantemento, supeditándoas ás épocas de afluencia turística. Nin as praias son só para os turistas, nin a limpeza cousa do verán. Un mantemento continuo e adaptado ás circunstancias, meteorolóxicas ou de calquera outro tipo, á larga supón un aforro e evita urxencias e precipitacións cando se aproxime a época estival, á parte de ser o xusto coas persoas que habitamos na Vila durante todo o ano”.

Por outra banda, a plataforma expresa o seu malestar por non se teren respectado as prometidas medidas por unha vila accesible nas obras de renovación do paseo marítimo, xa que en diversos tramos xa executados poden observarse eivas nesta materia, como poden ser algunhas das vías de acceso ao propio paseo ou aos baños públicos. Esta situación demostra, segundo Por unha marea na vila, a forma chapucera e improvisada de actuar do equipo de Varela, “que fai para logo volver a facer, malgastando os cartos da cidadanía”. Lamenta, ademais, a falta de consideración fronte as persoas con diversidade funcional, que teñen que ver como o seu concello non pensa nelas nas novas obras que se acometen, o que resulta imperdoable. A accesibilidade debe ser un eixo fundamental no urbanismo dunha vila máis amable e inclusiva.

O colectivo demanda que se corrixan de inmediato estas dúas situacións, que afectan
directamente a un dos recursos turísticos máis importantes de Vilagarcía, e a unha das zonas
máis transitadas polas veciñas e veciños.

Suscríbete a Arousa TV por correo


Neste mes de marzo o Cineclube Ádega proxectará as longametraxes "Certain Women" (Vidas de muller) e "Baran" (Choiva).

A primeira proxección, en colaboración con O Soño de Lilith e a Concellería de Benestar Social e Igualdade, e co gallo do Día Internacional da Muller, terá lugar este mércores día 7 de marzo, ás 21 horas, no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía, sendo a cinta protagonista a norteamericana de 2016 "Certain Women", dirixida por Kelly Reichardt.

A entrada para esta proxección é de balde.

O mércores día 21, no mesmo lugar e hora, proxectarase a cinta iraní de 2001 "Baran" (Choiva), que conta, a través dos ollos dun mozo iraní, a historia duns refuxiados afganos no país persa que traballan ilegalmente e nunhas condicións laborais pésimas.

A entrada para esta película é de balde para os nosos socios e de 4 euros para o público xeral.

Suscríbete a Arousa TV por correo

DOUS VEHÍCULOS DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS ACUDEN A CAMBADOS A EXTINGUIR UN INCENDIO NUN EDIFICIO

Os efectivos tiveron que desaloxar á vinte veciños e veciñas do inmoble polo fume dos cales unha ducia foron evacuados ao hospital do Salnés

O Consorcio Provincial Contra incendios mobilizou esta mañá a dous vehículos dos parques de Ribadumia e Vilagarcía ante o aviso dun incendio nun edificio de catro plantas na Travesía de Valle Inclán en Cambados.

Os efectivos de Ribadumia chegaron en cinco minutos, tras recibir o aviso do servizo 112 pasadas dous minutos das sete da mañá, e nese intre a Garda Civil xa estaba desaloxando a tres veciños do inmoble. En doce minutos se presentaron os efectivos do parque de Vilagarcía e se procedeu a evacuación da totalidade do edificio dada a alta carga de combustión que presentaba o incendio e a gran cantidade de fume. Preto de vinte persoas foron evacuadas das cales unha ducia foron remitidas ao hospital do Salnés por presentar problemas respiratorios polo fume.

Os dous equipos do Consorcio Provincial que se desprazaron con sendas bombas urbanas, de máis de tres mil litros de auga cada unha, desenvolveron un intenso traballo pola alta carga térmica da vivenda que obrigou a empregar gran cantidade de auga. Nembergantes o incendio só afectou a esta vivenda e o resto de edificio apenas rexistrou danos salvo as manchas polo fume. Os bombeiros de Vilagarcía retiráronse pasadas as nove da mañá unha vez extinguido o incendio e no lugar permaneceu ate as doce da mañá a brigada de Ribadumia para desescombro e refresco da vivenda
afectada.

Deputación Pontevedra

Suscríbete a Arousa TV por correo

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget