03/17/18

21h Sábado en Auditorio Vilagarcía. 

Hercules Brass - Quinteto de metais

Alejandro Vázquez e Victor Vilariño (trompetas) Javier González (trompa) Esteban Méndez (trombón) Rodrigo Rodríguez (tuba) 

21h Auditorio

Sábado 17. Salón de actos do Auditorio [21:00] [MÚSICA]

Dentro da programación da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía

A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía continúa a súa tempada 17/18 con un
interesante concerto a cargo do quinteto de metais galegos Hercules Brass,
unha referencia a nivel nacional. En programa, obras orixinais para esta
formación e interesantes adaptacións de páxinas tan coñecidas coma "Vals de
Musseta" da ópera La Boheme de Puccini.
Venda de Entradas: o día da actuación no Auditorio a partir das 19:00 h.

Prezos: Entrada de balde para os socios da Sociedade Filarmónica de
Vilagarcía; Público xeral: 18€.

org: Sociedade Filarmónica de Vilagarcía https://goo.gl/gkZaJt

17mar
marzo 2018

16h Sábado en Fontecarmoa Vilagarcía. Entrada libre

Ingleses RC vs RC Ferrol 

Partido final de la Liga Gallega Senior:
- Ingleses RC vs RC FERROL:
- Día: Sábado 10 de marzo del 2018
- Hora: 16:00 horas
- Campo: Fontecarmoa, Vilagarcía de Arousa

Antes programado par el sábado 10, se aplazó por temporal 

10mar
marzo 2018



O Grupo Municipal de EU considera un despilfarro o gasto do Concello no derradeiro Certame da Camelia (29.200€)


Xusto cando o Grupo de Goberno do PSdG e o BNG non deixan de insinuar dificultades económicas para negar melloras absolutamente imprescindibles para a cidadanía en Vilagarcía, excusando ata o derradeiro céntimo, como no caso das peticións de EU de aumento das becas de axuda ao estudio e o transporte para os universitarios ou as axudas para o pago das cuotas nos clubes deportivos para familias con poucos recursos, cantidades que levamos esixindo dende o comezo da lexislatura e que aínda non se puxeron en marcha por mor da falta de orzamento, resulta que o Goberno gasta, 29.200€ no certame da Camelia.

Parece que coa fin da recesión, que non coa recuperación social, o goberno do PSOE recupera as vellas prácticas de dilapidar cartos públicos sen un mínimo criterio de retorno social. Non vai ser EU quen se opoña á utilización de cartos públicos para investir en Vilagarcía e na súa promoción, pero entendemos que a seguinte relación de gastos é escandalosa e merece unha explicación por parte do Goberno:
  • CÉSPEDE 1578€ 
  • PIN PREMIO CAMELIA OURO E ODRIOZOLA 3078.98€ 
  • LÁMINAS OBSEQUIO640 2640€ 
  • ENTRADAS PAZO RUBIÁNS 800€ 
  • BONOS VISITA PAZO RUBIÁNS 968€ 
  • COMIDA MEMBROS DO XURADO 500€ 
Coas situación que se viven en Vilagarcía é suficientemente obsceno que o goberno gaste 500€ nunha
comida para sete persoas, ou 1700€ en visitar o Pazo de Rubiáns, ou máis de 3.000€ nun pin de ouro da Camelia.

En definitiva, o noso grupo pide explicacións e facturas destes gastos e solicitará ao goberno que ante
estas actitudes de despilfarro que se repiten demasiado nos últimos tempos en Vilagarcía, proceda a non negar peticións veciñas xustas por cuestión económicas no futuro.

Área Comunicación Esquerda Unida Vilagarcía


Suscríbete a Arousa TV por correo


Por unha Marea na Vila rexistra unha petición ao goberno para garantir a accesibilidade nas obras da renovación do paseo marítimo



Dende Por unha Marea na Vila advertimos a semana pasada sobre as eivas de accesibilidade que se apreciaban na evolución das obras de renovación do paseo marítimo. Se ben, tal e como admitimos posteriormente, parece que o concello tomou algunha medida que vai en consonancia coa nosa advertencia, estas poden ser un apaño temporal, polo que son moitas as dúbidas que aínda albergamos ao respecto.

O noso compromiso coa accesibilidade obríganos a realizar as xestión que estean nas nosas mans para garantir que o goberno subscribe ese mesmo compromiso, preservando así os dereitos e o benestar das persoas con diversidade funcional. Por iso, hoxe rexistramos unha petición ao goberno para que supervise a aplicación do criterio de accesibilidade nas obras do paseo marítimos e que posteriormente dea contas á cidadanía sobre este tema. Lamentamos ter que lembrarlle ao goberno que faga o seu traballo e que as concelleiras responsables dos departamentos de urbanismo e obras, ambas liberadas, non estean enriba das obras que se realizan no concello, tratando de que cando menos cumpran coa lei, como no caso da accesibilidade. Parécenos que falta supervisión e sobran presas.
Que o electoralismo non supoña a maior das barreiras.

Na proximidade dunha nova cita electoral, asistimos, como é costume, a un acelerón na execución de obra pública. Pedímoslle ao goberno que as presas non prexudiquen o resultado das obras que se están levando a cabo, como pode ser a Praza de Galicia ou o propio paseo (por citar algún exemplo especialmente representativo). De pouco serve ter unha vila maiormente peonil se despois engadimos elementos que supoñan obstáculos ou impedimentos á mobilidade. Que o electoralismo non supoña a maior das barreiras. 

Por Unha Marea na Vila

Suscríbete a Arousa TV por correo

Ofertas de Empleo

[empleo][list]

AROUSASOCIAL

{facebook#https://www.facebook.com/TVArousa} {twitter#https://twitter.com/ArousaTV} {google-plus#https://plus.google.com/+ArousaTv} {pinterest#https://www.pinterest.es/arousatv/} {youtube#https://www.youtube.com/user/alcainet} {instagram#https://twitter.com/arousatv}

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget