12h martes en Catoira, Catoira, Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Ribadumia, Cambados e Hospital do Salnés. Participación libre.


Concentracións convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés nos centros de saude de Catoira, Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Ribadumia e Cambados, e no Hospital do Salnés

Convocase ós veciños/as a que participen en estes actos en defensa da sanidade, para defender o bo funcionamento da mesma.


"Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés exisimos:

Recuperar os recortes de persoal sanitario, camas e orzamentos. Acabar coa marxinación da AP e coas EOXIs. Recuperar as Areas Sanitarias e os Hospitais Comarcais. Dotar adecuadamente os PAC e os Servizos de Urxencias hospitalarios. Acabar coa precariedade laboral. Recuperar tódolos servizos e centros privatizados".


Manifestación en Santiago 

A plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación pola defensa da sanidade pública galega o Domingo, 10 de febreiro, ás 12.00 horas, na Alameda de Santiago de Compostela.

Estanse fletando autobus nos diferentes concellos da comarca para acudir a Santiago.

No caso do Concello de Catoira, pon a disposición dos veciños/as que queiran asistir a dita manifestación un autobús que sairá dende o Edificio Multiusos, ás 11:00 horas.







Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top