0

Luns a venres: 20h-22h30. Sábados e domingos: 13h-15h e 20h-22h30

 DesTapa Vilagarcía. Ruta concurso de tapas por Vilagarcía 



Nova edición coa participación de locais con tapa.

Prezos: (edición anterior, por confirmar)

Tapa: 2,5€
Tapa con un viño Mencía ou Albariño: 4€
Tapa con botellín de cervexa Mahou: 3,5€
Combinado (ginebra, whisky, ron): 6€


Locais con tapa

Bar de Co, D'María, Derby, Doña Tapa, El Trastero, La Baldosa, La Malquerida, La Parra de Julián, Madialeva, Mezclum, Misterio, Taller del Olvido, Tablizo, Xoxe's.


Horarios nos que se sirven tapas: (edición anterior, por confirmar)

Luns a venres: 20h-22h30
Sábados e domingos: 13h-15h e 20h-22h30

15feb, 16feb, 17feb, 21feb
febrero 2019



Suscríbete a Arousa TV por correo


Ofertan dende mañá una ruta de tapas creativas na que participan 14 locais

O prezo por tapa é de 2,50 euros excepto o xoves 21, que será a "Noite do Tapeador", e na que se cobrarán a 2,20€

Catorce tapas de moi coidada elaboración e presentación son as que dende mañá e ata o domingo día 24 (con excepción do luns 18, martes 19 e mércores 20) ofrecerán en Vilagarcía os outros tantos locais hosteleiros que participan na novena edición da Ruta Concurso de Tapas ‘Destapa Vilagarcía’, a terceira que se fai na tempada de inverno.

Hai un pouco de todo. Propostas tan innovadoras como a Croqueta invertida de steack tartar con bechamel de mango (Derby); o Cordeiro desosado en lámina crocante e encurtido caseiro sobre  parmentier de boniato e demi-glace (Mezclum); o Baozi de carne con salsa tonkatsu de papaya e wasabi (La Parra de Julián) ou o Polo marinado ao curry e lima en espetada, maionesa de mostaza, plátano crocante e aceite de “sweet chilli” (El Trastero),

Outras xogan á sorpresa e a que os comensais descubran in situ os seus sabores como o BombonEra (Misterio); o Burrito de Mar (La Baldosa) ou o Quino fozando no monte (La Malquerida)

O prezo por tapa é de 2,50 euros; de 3,50 euros se vai acompañado dun botellín de Mahou ou de 4 euros se se toma cun albariño Eidosela ou mencía Campaza.

VOTOS E PREMIOS

O público poderá votar pola súa tapa favorita de entre as 14 propostas. Para elo deberá facerse cun Libro de Ruta, dispoñible en todos os locais participantes, e ir selándoo cada vez que deguste una tapa ata completar un mínimo de seis establecementos. Unha vez que conte cos seis selos poderá votar.

Ao obxecto de que a votación sexa o máis equitativa posible, cada participante otorgará 3, 2 e 1 puntos ás tres tapas que máis lle gustaron.

Do reconto de todos os votos correctamente emitidos sairán o primeiro, segundo e tercer premio á mellor tapa de ‘DesTapa Vilagarcía’.

Entre todas as papeletas depositadas realizarase un sorteo de 3 premios de 100 euros en metálico, a cesión gratuita dun Volkswagen T-Roc durante unha fin de semana, cortesía de Vepersa, a cesión gratuita dun Audi QW durante unha fin de semana, cortesía de Vepersa, unha exclusiva tostadora Volkswagen, cortesía de Vepersa, unha exclusiva caixa isotermo Audi, cortesía de Vepersa, 2 lotes de viños de albariño Eidosela e 2 lotes de viños de mencía Campaza.


Todas as actividades e premios desta ruta das tapas así como a relación e as fotos das tapas poden ser consultadas na web www.destapavilagarcia.com ou a través de facebook.com/destapa.vilagarcia

Publicar un comentario

 
Top