Administración Local Municipal Ribeira
Anuncio Bases para a formación dunha listaxe para a contratación de auxiliares de policía local no ano 2019
ANUNCIO
Convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha listaxe para a contratación laboral temporal de AUXILIARES
DE POLICÍA LOCAL ao longo do ano 2019.
Por Decreto da Alcaldía do 22/01/2019 resolveuse aprobar as bases que a continuación se transcriben para a forma-ción dunha listaxe para a contratación laboral temporal de AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL ao longo do ano 2019.
Tal e como se indica na Base 5a as solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia, en modelo que se engade como ANEXO I, que se presentará durante o prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
De conformidade coa Base 6a, as demais comunicacións que deban efectuarse, así como as relativas a resolucións ou actos do Tribunal, faranse públicas a través da páxina web e do taboleiro de anuncios.
Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria.
Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria.
Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-
administrativo será de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.
Suscríbete a Arousa TV por correo
Publicar un comentario