17h jueves 31 xaneiro, en Concello, Ravella 1, Vilagarcía. Entrada libre.

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

Orde do día da Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 31 de xaneiro de 2019, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 27 de decembro de 2018.

2.- Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes decembro de 2018.

3.- Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.

4.- Toma de coñecementos dos cambios introducidos na representación do grupo municipal do BNG nos órganos colexiados dos que forma parte.

5.- Aprobación, se procede, da proposta para denominar a Piscina Municipal de Fontecarmoa como "Piscina Municipal Celestino Brianes Lojo".

6.- Aprobación, se procede, da solicitude de Amigos de Galicia e Arousa Fútbol7, para que a praza lindeira con FEXDEGA se denomine "Praza Ramiro Carregal Rey".

7.- Aprobación, se procede, de expediente de modificación de crédito por crédito extraordinario Nº 01/CE/2019 e de de cambio de finalidade de financiamento afectado Nº 01/CF/2019 (Int/2019/000022) en relación co convenio de colaboración asinado entre a Deputación Provincial e os Concellos de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía de Arousa, para levar a cabo o proxecto de acondicionamento da Vía Verde do Salnés – I Fase.

8.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE de adhesión ao proxecto internacional "A CIDADE D@S NEN@S".

9.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP, sobre búsqueda dunha ubicación alternativa ó transformador previsto para os baixos da Escola Infantil Municipal de Vilaxoán.

10.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP, de rexeitamento da corporación municipal ós Presupostos Xerais do Estado 2019.

11.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP, sobre reposición do sistema de iluminación na Vía rápida do Salnés, no tramo Santa Mariña – Hospital do Salnés.

12.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de Esquerda Unida, para reivindicar que o rural de Vilagarcía conte cunha conexión a internet de calidade.

13.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de Esquerda Unida para controlar a proliferación das casas de apostas, apostas online e combater a Ludopatía.

14.- Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do BNG en defensa da Sanidade Pública.

15.- Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.

16.- Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

17.- Rogos e preguntas.

18.- Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.




Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top